03/12/20

 

 

 Por fin chegou o derradeiro mes deste fatídico 2020, e son varios os días internacionacionais que se celebran.

Destacaremos uns cantos:

DÍA 1 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A SIDA. 

DÍA 3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

DÍA 10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.

DÍA 10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS ANIMAIS.

 

 

DÍA 1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA.


O día 1 de decembro celébrase en todo o mundo o Día Mundial da loita contra a SIDA. Foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo, e a razón de elexir esa data concreta foi por razóns de impacto mediático, ao ser o primeiro día do mes de decembro.

Neste día, fanse moitos actos de concienciación; moitas persoas saen á rúa cun lazo vermello, símbolo da loita contra a Síndrome de Inmunodeficiencia Humana ( SIDA, polas súas siglas en inglés ); grupos de persoas mobilízanse para recaudar fondos para a investigación e para dar o seu apoio e solidaridade ás persoas con SIDA.

Orixe do Día contra a SIDA.

A primeira vez que se celebrou o Día Mundial da loita contra a SIDA foi en 1988 e ,dende esa data, o virus xa matou a máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, o que supón unha das epidemias máis destrutivas da historia.

En 2020, a pandemia mundial da COVID-19 puxo de manifesto como as pandemias fan tambalear o noso modo de vida e , como a saúde está ligada a outros problemas fundamentais, como os dereitos humanos, a igualdade de xénero,o desenvolvemento económico e a protección social. Por iso , o lema do 2020 é: “Solidaridade mundial ,responsabilidade compartida”.

Que é a SIDA?

A SIDA é unha enfermidade causada polo VIH, un virus que ataca de maneira directa o sistema inmunolóxico , provocando que, a longo prazo , as persoas presenten serios problemas de saúde, como infeccións , así como enfermidades graves como o cancro e que pode terminar coa vida de quen o padece.

A SIDA converteuse nunha verdadeira pandemia mundial, que cobrou a vida de millóns de persoas, sendo o continente africano o que presenta maior número de infectados.

Como se contaxia o VIH?

Hai distintas maneiras de contraer o VIH. As persoas contáxianse a través do contacto sexual por medio das secrecións, o seme, tamén coa sangue e durante a lactancia materna. O corpo presenta feridas ou cortes;é bastante probable que o virus entre no sangue, ou cando as persoas sexan aditas a estupefacentes e compartan agullas ou xeringas. Por error humano ,unha persoa pode contraer o virus, se é punzado cunha agulla infectada.

Pola contra,o virus non é transmisible pola saliva,nin moito menos por empregar utensilios dun enfermos,compartir alimentos ou por darse un abrazo.

A prevención é o mellor tratamento contra a enfermidade.

A maneira máis segura de previr a SIDA é evitar o contacto sexual con persoas infectadas,e no caso de que o acto chegue a consumarse, sera preciso asegurarse de tomar as debidas medidas de protección.A primeira media á hora de intimar, é o emprego do preservativo duranto todo o acto sexual.Aínda que isto non garantice ao cen por cen que a persoa non contraerá o virus,hai menor risco de contaxiarse.

Outra forma de que o VIH poida ser transmitido é a través do emprego de xeringas de persoas aditas ás drogas e que tamén poidan ter o virus no seu organismo e transmitilo a través do sangue a unha persoa que non esté contaxiada.

No mundo hai 37 millóns de persoas que viven coa SIDA e unha cuarta parte descoñece que teñen o virus.É vital que unha persoa que reciba un resultado positivo, acceda a un tratamento antirretroviral para que poida tratarse, ter unha vida saudable e evitar a transmisión.

SIDA E COVID 19

Hoxe a humanidade está vivindo tempos difíciles .A pandemia da COVID-19 fainos lembrar outra pandemia que comezou unha cantas décadas atrás, como foi a aparición da SIDA que se cobrou a vida de millóns de persoas en todo o planeta e que aínda non se puido erradicar de forma definitiva.

Ante esta eventualidade ,que marcou un antes e un despois para todos os seres humanos, sen excepción de raza, sexo ou relixión, precísase,que, dunha vez por todas, as persoas entendan que é o momento de deixar a un lado a discriminación, os prexuízos e os estigmas non só ante os enfermos da SIDA, senón ante calquera condición ou padecemento coma o que hoxe se vive a escala mundial.

Ante a emerxencia sanitaria, sabemos que as persoas que teñen o VIH, son pacientes de máis alto risco, debido a que o sistema inmunolóxico é feble e atópanse máis vulnerables ante a COVID 19.

Por esta razón, é necesario tomar as precaucións necesarias como o correcto lavado de mans, evitar tocarse o nariz, boca e ollos, cubrir a cara coa máscara, e se é preciso estornudar ou tusir, facelo cubrindo a súa boca e nariz co cóbado dobrado.

O recomendable é quedarse en casa e ,se ten síntomas ,buscar axuda profesional.

Se queres saber algo máis sobre a SIDA, fai clikaquí.

 




DÍA 3 DE DECEMBRO : DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O  día 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da súa vida.

2020: Un día para todos.

No 2020, o lema da campaña é “Un día para todos”, e quérese facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para iso.

Que é a discapacidade?

Actualmente,o concepto de discapacidade baséase no modelo social, que pon o foco, máis ben, nas barreiras físicas e de actitude que restrinxen innecesariamente a participación plena e efectiva das persoas.

Dende esta perspectiva, unha persoa con discapacidade é aquela que,tendo unha ou máis deficiencias físicas, mentais,sexa por causa psíquica ou intelectual,ou sensoriais,de carácter temporal ou permanente,ao interactuar con diversas barreiras presentes no entorno,ve impedida ou restrinxida a súa participación plena e efectiva na sociedade,en igualdade de condición cos demais..

Por que un día para a discapacidade ¿

As persoas con discapacidade son a minoría máis ampla do mundo, e soen ter máis dificultades que outros colectivos en todos os niveis e,sobre todo, no acceso á educación, ao mercado laboral e a dificultades económidas.

E iso, débese á falta de recursos que lles faciliten a vida como acceso ao transporte,ao acceso á información, no caso da discapacidade sensorial .Todo iso,unido á discriminación social que, ás veces existe no seu entorno, e á falta de lexislación adecuada, fan que a vida das persoas con discapacidade sex amáis difícil.

Ademais, as persoas con discapacidade son máis vulnerables ante a violencia. Os nenos discapacitados teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas de actos violentos, igual que os adultos con problemas mentais.

A ignoracia é a causa da discriminación que existe en torno ás persoas con discapacidade xa que está totalmente demostrado que,unha vez eliminadas as barreiras e obstáculos á integración destas persoas, poden colaborar activa e produtivamente na sociedade.

Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

PEDRA DECORADA CON BRAILLE.

A Conveción sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006 e firmada por 180 países di:

“A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais”

E pide que as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade.

Solicita aos Estados que tomen as medidas apropiadas para darlles pleno acceso á actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos á súa integración.

Para saber máis sobre o día mundial da discapacidade , preme nesta ligazón.

 

 


30/11/20


 



                COMEZAMOS,UN POUCO MÁIS TARDE, PERO COMEZAMOS.


 Comezamos a andadura este curso 2020-2021,un pouquiño máis tarde do normal, pero é que nada é igual a outros cursos, neste ano de pandemia.

En primeiro lugar, hai cambio na xefatura de dinamización lingüistica, e, eu aínda estou ”aterrizando” no IES O RIBEIRO, polo que me levou un pouco poñerme ao día no que se levaba feito neste eido en cursos anteriores.

Pero como di o refrán: ”máis vale tarde que nunca”, e, aínda que as cousas van  ser, por desgraza, diferentes, a causa do coronavirus, que apareceu para cambiar de maneira considerable as nosas vidas ,iso non nos fai perder a ilusión, e temos, máis que nunca, ganas de traballar.

Comezamos o curso co calendario dinamiteiro, no mes de decembro, o mes de Nadal. Desde marzo, en que apareceu nas nosas vidas a COVID-19,chegado das afastadas terras de China, todo mudou, como dixen antes. E fíxoo, para peor, por desgraza: pasamos un confinamento, temos que manter a distancia social, usar mascara...o que nos leva a que, ás veces nos sintamos un pouco tristes e con ansiedade. Por esta razón, imos tratar de chegar ó Nadal con calma, e, por iso, propoñemos para cada día da semana, antes de marcharnos de vacacións, facer unha actividade que nos axude a relaxarnos, e a rematar o ano da mellor forma posible e, sobre todo, comezar o que vén, con enerxías renovadas

23/06/20

CLARA, FAYNA, PAULA e NEREA, GAÑADORAS DE LINGUA RODADA, CON 'SAUDADE'











Elas, CLARA, FAYNA, PAULA e NEREA, e só ELAS, alumnas do recén nado bacharelato artístico, foron quen de ver unha de entre as moitas historias que encerran as nosas aldeas espidas.

   A súa curta Saudade, protagonizada polo avó de Clara, Ángel Outumuro, resultou ser a gañadora do I certame Lingua Rodada,
creado polo cineasta Rubén Riós en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

PREME E SENTIRÁS 'SAUDADE'

Eran as finalistas desde marzo, xunto co IES Terra de Trasancos, de Narón e o IES A Cachada, de Boiro, e recibiron no IES unha mañá de formación a cargo de Rubén Riós e María Canosa (podes revisar este blog para seguires a súa historia). Foi a última xornada da vella normalidade, o 12 de marzo. Logo todo cambiou...

Mais as nosas catro heroínas VENCERON A DISTANCIA e DERROTARON a INSEGURIDADE, recibindo novamente formación, a distancia, a cargo de Rubén Riós (grazas, outra vez, Rubén 💓 )

REFORMULARON a súa historia, mellorárona e son as GAÑADORAS!!!!!

En palabras do xurado, Saudade toca con sensibilidade e unha gran dose de creatividade o drama da emigración, o desarraigamento, o retorno a unha Galicia despoboada, o amor saudoso polo que foi e xa non é. O protagonismo centrado nunha persoa da terceira idade permite visualizar este colectivo e empatizar con el, na procura da conexión interxeracional. A reflexión final, “Como soarán as campás do futuro?”, fainos cavilar no porvir do rural galego e no que podemos facer para mudar a situación actual.
 
 ACASO NON É UNHA PASADA??

PARABÉNS, SODES DINAMITEIRAS DE HONRA!!!!
💜💪👏😎


01/06/20

XUÑO... XA XUÑO?









 Parece incrible, pero xa estamos en xuño. Empezamos a fase 2 da desescalada, pasiño a paso, día a día, adaptándonos aos cambios que conleva a pandemia. O lado positivo é que non hai tantos exames 😅👍Estes últimos meses pasaron voando, non si?
Brais Domínguez de 1º de bacharelato, co seu xogo de perspectivas, ten o honor de despedir o calendario dinamiteiro deste curso, o 19-20, que pasará á historia porque tivemos que aprender a aprender (e aprender a vivir) desde a distancia...😷


Ide sinalando, día a día, o pouco que nos queda xa para rematar... Ánimo, ímolo dar todo nestas últimas semanas de curso!!!💪💪💪

 



22/05/20

FINAL (PANDÉMICA) DE LINGUA RODADA








Moi boas! Os Dinamiteiro@s intentamos con todas as nosas forzas afacérmonos á nova normalidade... Mantemos a distancia de seguridade e vémonos e lémonos a través de pantallas con maior ou menor resolución...

O certame Lingua Rodada, convocado pola SXPL (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e o cineasta Rubén Riós segue adiante, malia as dificultades da situación💪 e iso que significa?

Que velaquí temos as nosas catro finalistas, Clara, Fayna, Paula e Nerea, de 1º Bac C, mantendo videoconferencia con Rubén Riós, quen as guía neste último traxecto do camiño 😀

Clara, Rubén, Paula, Nerea e Fayna. Toman notas e pensan unha curta que chegue aos nosos corazóns

 Agora teñen que reformular o seu vídeo, Saudade. Contar unha historia en 4 minutos que nos atrape e ... 
o 10 de xuño darase a coñecer o traballo gañador (os outros finalistas son o IES de  Boiro e Narón, parabéns a eles, abofé).

Os Dinamiteiros dicimos que... 
           tanto ten quen gañe...o camiño e a aprendizaxe é o que nos importa!!!   


Clara, Fayna, Nerea, Paula, contades con todo o noso apoio. Ánimo! Sabemos que estades gozando desta oportunidade e nós sentimos ORGULLO DE VÓS!!!💗💜      

18/05/20

POEMAS ILUSTRADOS PARA AS NOSAS LETRAS










Aos dinamiteiros o confinamento séntanos regular, 😏coma a todo o mundo.
Menos mal que o departamento de debuxo mantén ben alta a creatividade e vós, alumn@s ribeiraos de DEBUXO ARTÍSTICO I e II, estades sempre á altura das nosas expectativas, facendo estes traballos tan chulos!!!
Como estrañamos as clases! Como vos estrañamos a vós😢 ...!!! 
Que este blog sexa a parede da entrada do Ribeiro, onde toca agora expoñer os vosos traballos. 
PARABÉNS!!!

Noe Fernández, Envellecer
 Estas caixas conteñen fermosos poemas de Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Martín Códax, Ana María Fernández, Xoán Carlos Domínguez Alberte, mesmo García Lorca...
Aldara Vázquez, A. Soneto no alfabeto
Noemí Fernández pensou en Martín Códax, Ondas do mar de Vigo
Andrea Álvarez, Eu en ti
Ánxela Lorenzo, Envellecer
Ángel G. Kowalska, Natureza
Ángela Bruquet, Unha vez tiven un cravo
Daniel Acosta, Envellecer
Carla Estévez, Eu en ti
Iria Taboada, Envellecer
Icía Álvarez, Chove en Santiago
Paula Domíguez, O lóxico
Nerea Villamarín, Envellecer
Laura Alonso, A natureza
Nacho Medina, A pobreza
Ainoa Sánchez, Eu en ti


Nerea Vázquez, Envellecer
Adrián Mogrovejo, Daquelas que cantan as pombas e as flores



Nuria Estévez, Envellecer

MOITAS GRAZAS!!!