28/01/20

Galicia e o galego nos Goya










Os dinamiteiros do Ribeiro felicitamos a Óliver Laxe e a súa película,  O que arde, que fomos ver ao cine de Leiro, e que resultou galardoada con dous Goyas un, á MELLOR FOTOGRAFÍA a cargo de MAURO HERCE, e o outro, á MELLOR ACTRIZ REVELACIÓN, BENEDICTA SÁNCHEZ.

 
Benedicta empregou o galego no seu discurso de agradecemento


Benedicta Sánchez tamén conquistou a Almodóvar


22/01/20

CALENDARIOS de DECEMBRO e XANEIRO

E xa fai que despedimos o ano 2019, que pouco durou decembro..., e sen darnos case conta chegou o aninovo, chegou Xaneiro de 2020...

Xuntamos os calendarios dos meses de Decembro (coa imaxe realizada por Sabela de Martín) e Xaneiro (coa imaxe realizada por Martín Neira).

Xuntamos tamén os ficheiros dos calendarios en pdf para que poidades utilizalos.

Saúdos dinamiteiros! 

                  Calendario Decembro                               Calendario Xaneiro





TRIÁNGULO DE SIERPINSKI












No mes de decembro no IES O Ribeiro estivemos a traballar coas matemáticas dunha forma un pouco distinta a como o facemos o resto de ano.


Os alumnos de 1º da ESO, axudados polos de e , construíron un fractal chamado triángulo de Sierpinski.

Un fractal é unha forma xeométrica que se repite infinitamente e que ten unhas características especiais, que poden aparecer mesmo na natureza.



O profesorado  agradece aos alumnos a súa  implicación neste proxecto, foi un gran traballo realizado en pouco tempo; tiveron que construír 286 pezas.



Nestas fotos podedes ver o proceso seguido 


Velaquí a fase incial





Nunha fase máis avanzada


Velaquí o resultado. Espectacular

MOITAS GRAZAS!!!



21/01/20

COMENTAMOS 'A BELA E A BESTA'



Agora que por fin estamos en marcha, isto non ten parada!!! Achegádenos comentarios (sempre positivos ou construtivos) ás actividades dinamiteiras. Estes son os que nos enviaron Laura, Iria, Brisa e Lois de 1º ESO A sobre o musical. Xa de paso, incorporamos fotos do mesmo.





Notouse moito todo o esforzo que fixo o alumnado e o profesorado dese colexio (IES Taboada Chivite de Verín) . Foi moi entretido e gustátonme moito os traxes e todo o traballo que hai detrás.
Fixérono moi ben! Veríao moitas veces máis!
Laura Blanco, 1º ESO A

Houbo un pouco de todo: música, teatro, baile... Preparárono xenial. Encantounos.

Iria Giráldez, Andrea Vázquez, 1º A

Sinto que necesitaron moito traballo, coordinación e tempo. Tamén dixeron que os traxes tardaron dous anos en facelos, a min gustáronme moito, pero o que máis me gustou foi o musical.
Brisa Cabrera 1ºA

Gustáronme moito os traxes que fixeron os protagonistas, os seus papeis, o coro e como falaron cando se despediron ao final
Lois Rodríguez, 1ºA

20/01/20

NADAL NO IES O RIBEIRO









O recibidor do instituto despediu o 2019 mesturando tradición, arte e xeometría, iso si, todo con nosos mellores desexos para o 2020!!

A tradición viuse reflectida na exposición dun belén a cargo de departamento de relixión.
A arte na decoración estivo nas mans dos alumnos de Debuxo e a sorpresa  correu a cargo do departamento de Matemáticas. O alumnado fixo unha árbore de xeometría cuxas formas escondían debuxos e mensaxes de paz en multitude de idiomas. 

Árbore e postais de felicitación
Árbore xeométrica do departamento de matemáticas


Bólas de Nadal do Dpto de Debuxo



O MAGO RICHARD NO IES O RIBEIRO












 A proposta que o MAGO RICHARD fixo para 1º e 2º de ESO consistiu en aunar maxia, ciencia, tecnoloxía e concienciar da importancia das MULLERES INVENTORAS

E, ademais, EN GALEGO!!!


o alumnado en pleno espectáculo






Así viviron a xornada de maxia os alumnos e alumnas de 1 ESO C:



"A tarde do luns 16 de decembro o mago Richard veu ao IES O Ribeiro e fixo un espectáculo de maxia e ciencia. Explicounos cos seus trucos o valor das mulleres no mundo da ciencia: Doña Angelita, Marie Curie, Tereshkova...

O truco que máis nos gustou foi o do burato negro: colleu dous papeis de cor negra e dous aros, xuntounos e fixo un burato no papel e empezou a saír cinta de moitas cores. Así devolveulles a luz ás estrelas. 
Gustaríanos que volvera".

Podemos ver proxectadas as imaxes de grandes inventores e inventoras que o mago integra no espectáculo

25 NOVEMBRO. TOD@S CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 







 Nesta data o departamento de debuxo cámbianos de cor
FACÉMONOS VIOLETA ...

...violeta son as portas das aulas



...unha fermosa árbore violeta
xermola
na entrada do IES...

















... e as paredes énchense de traballos nos que uhna palabra en galego simboliza a CONDENA

A este equipo de dinamiteiros custounos moitísimo escoller un...

...que resultou ser ÁNGEL GONZÁLEZ KOWALSKA de 1º bac, pola súa mensaxe POSITIVA

Mirade que traballos tan chulos

Sabela Pérez é contundente

palabras-clave que nos suxire a violencia machista














ÁNGEL GONZÁLEZ KOWALSKA de 1º bac A resultou gañador



Metáfora visual

No IES O RIBEIRO témolo claro, como Sofía González Miguélez


PARABÉNS!!!















17/01/20

PRIMEIRA SAÍDA DINAMITEIRA



 
 




  

22 de outubro
1º ESO  Musical A Bela e a Besta

Luna Gómez Domínguez. 1 ESO C

No autobús pequeno fomos 1C e catro nenos de 1 D. As profes que viñeron connosco foron: Cristina, de música; Carmen, de Bioloxía; Rita, de galego e Verónica, de apoio de castelán e galego. Cando chegamos a Ourense sacáronnos unha foto a todos. E antes de entrar xogamos a “pedra, papel, tesoira” con outros rapaces que estaban nunha ventá xa dentro. Sentamos na fila do medio. Foron nenos de todo Ourense e de distintas idades. Eu xa coñecía a algúns doutros colexios. A obra gustounos moito e estaba moi ben preparada. A que facía de Bela cantaba moi ben e o que facía de Gastón, tamén. As coreografías e os traxes estaban moi ben feitos e traballados. Ao saír de alí xa collemos o bus para vir de volta. Chegamos sobre as dúas. 
Velaí tedes a foto do grupo


PANORÁMICA MICRORRELATOS DO SAMAÍN









Agora que xa non podemos ver os microrrelatos de terror tan pintorescos que fixestes, porque hai que ir cambiando a decoración dos corredores, deixamos aquí unha imaxe deles de recordo. 
Que ben traballastes e que medo pasamos!!




16/01/20

O QUE ARDE



 









 





O día 8 de novembro o alumnado de 1º de bacharelato asistiu en Leiro á proxección da película do cineasta galego Óliver Laxe O que arde. Logo da proxección visitaron as instalacións e museo do cinema de Leiro e cubriron unha enquisa sobre a película.


Aproveitamos para DESEXARLLE SORTE NOS GOYAS, xa que ten catro nominacións:
  • mellor película
  • mellor director (Óliver Laxe)
  • mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez)
  • mellor dirección de fotografía