Por fin chegou o derradeiro mes deste fatídico 2020, e son varios os días internacionacionais que se celebran.
Destacaremos uns cantos:
DÍA 1 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A SIDA.
DÍA 3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
DÍA 10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.
DÍA 10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS ANIMAIS.
DÍA 1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA.
O día 1 de decembro celébrase en todo o mundo o Día Mundial da loita contra a SIDA. Foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo, e a razón de elexir esa data concreta foi por razóns de impacto mediático, ao ser o primeiro día do mes de decembro.
Neste día, fanse moitos
actos de concienciación; moitas persoas saen á rúa cun lazo vermello, símbolo
da loita contra a Síndrome de
Inmunodeficiencia Humana ( SIDA, polas súas siglas en inglés ); grupos
de persoas mobilízanse para recaudar fondos para a investigación e para dar o
seu apoio e solidaridade ás persoas con SIDA.
Orixe do Día contra a
SIDA.
A primeira vez que se
celebrou o Día Mundial da loita contra a SIDA foi en 1988 e ,dende esa data, o
virus xa matou a máis de 25 millóns de
persoas en todo o mundo, o que supón unha das epidemias máis destrutivas da
historia.
En 2020, a pandemia mundial
da COVID-19 puxo de manifesto como as pandemias fan tambalear o noso modo de
vida e , como a saúde está ligada a outros problemas fundamentais, como os
dereitos humanos, a igualdade de xénero,o desenvolvemento económico e a
protección social. Por iso , o lema do 2020 é: “Solidaridade
mundial ,responsabilidade compartida”.
Que é a SIDA?
A SIDA é unha enfermidade
causada polo VIH, un virus que ataca de maneira directa o sistema inmunolóxico
, provocando que, a longo prazo , as persoas presenten serios problemas de
saúde, como infeccións , así como enfermidades graves como o cancro e que pode
terminar coa vida de quen o padece.
A SIDA converteuse nunha
verdadeira pandemia mundial, que cobrou a vida de millóns de persoas, sendo o
continente africano o que presenta maior número de infectados.
Como se contaxia o VIH?
Hai distintas maneiras de
contraer o VIH. As persoas contáxianse
a través do contacto sexual por medio das secrecións, o seme, tamén coa sangue e
durante a lactancia materna. O corpo presenta feridas ou cortes;é bastante
probable que o virus entre no sangue, ou cando as persoas sexan aditas a
estupefacentes e compartan agullas ou xeringas. Por error humano ,unha persoa
pode contraer o virus, se é punzado cunha agulla infectada.
Pola contra,o virus non é
transmisible pola saliva,nin moito menos por empregar utensilios dun
enfermos,compartir alimentos ou por darse un abrazo.
A prevención é o mellor
tratamento contra a enfermidade.
A maneira máis segura de
previr a SIDA é evitar o contacto sexual con persoas infectadas,e no caso de que o acto
chegue a consumarse, sera preciso asegurarse de tomar as debidas medidas de
protección.A primeira media á hora de intimar, é o emprego do preservativo
duranto todo o acto sexual.Aínda que isto non garantice ao cen por cen que a
persoa non contraerá o virus,hai menor risco de contaxiarse.
Outra forma de que o VIH
poida ser transmitido é a través do emprego de xeringas de persoas aditas ás
drogas e que tamén poidan ter o virus no seu organismo e transmitilo a través
do sangue a unha persoa que non esté contaxiada.
No mundo hai 37 millóns de
persoas que viven coa SIDA e unha cuarta parte descoñece que teñen o virus.É
vital que unha persoa que reciba un resultado positivo, acceda a un tratamento
antirretroviral para que poida tratarse, ter unha vida saudable e evitar a
transmisión.
SIDA E COVID 19
Hoxe a humanidade está
vivindo tempos difíciles .A pandemia da COVID-19 fainos lembrar outra pandemia
que comezou unha cantas décadas atrás, como foi a aparición da SIDA que se
cobrou a vida de millóns de persoas en todo o planeta e que aínda non se puido
erradicar de forma definitiva.
Ante esta eventualidade
,que marcou un antes e un despois para todos os seres humanos, sen excepción de
raza, sexo ou relixión, precísase,que, dunha vez por todas, as persoas entendan que
é o momento de deixar a un lado a discriminación, os prexuízos e os estigmas non
só ante os enfermos da SIDA, senón ante calquera condición ou padecemento coma o
que hoxe se vive a escala mundial.
Ante a emerxencia sanitaria, sabemos
que as persoas que teñen o VIH, son pacientes de máis alto risco, debido a que o
sistema inmunolóxico é feble e atópanse máis vulnerables ante a COVID 19.
Por esta razón, é necesario
tomar as precaucións necesarias como o correcto lavado de mans, evitar tocarse o
nariz, boca e ollos, cubrir a cara coa máscara, e se é preciso estornudar ou
tusir, facelo cubrindo a súa boca e nariz co cóbado dobrado.
O recomendable é quedarse en casa e ,se ten
síntomas ,buscar axuda profesional.
Se queres saber algo máis
sobre a SIDA, fai clikaquí.
DÍA 3 DE DECEMBRO : DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
O día 3
de decembro, celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade co
obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en
todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en
todos os aspectos da súa vida.
2020: Un día para todos.
No 2020, o lema da
campaña é “Un día para todos”, e quérese facer ver que a discapacidade forma
parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas,
podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade
ten que estar preparada para iso.
Que é a discapacidade?
Actualmente,o concepto
de discapacidade baséase no modelo social, que pon o foco, máis ben, nas
barreiras físicas e de actitude que restrinxen innecesariamente a participación
plena e efectiva das persoas.
Dende
esta perspectiva, unha persoa con discapacidade é aquela que,tendo unha ou máis
deficiencias físicas, mentais,sexa por causa psíquica ou intelectual,ou
sensoriais,de carácter temporal ou permanente,ao interactuar con diversas
barreiras presentes no entorno,ve impedida ou restrinxida a súa participación
plena e efectiva na sociedade,en igualdade de condición cos demais..
Por que un día para a
discapacidade ¿
As persoas con
discapacidade son a minoría máis ampla do mundo, e soen ter máis dificultades
que outros colectivos en todos os niveis e,sobre todo, no acceso á educación,
ao mercado laboral e a dificultades económidas.
E iso, débese á falta
de recursos que lles faciliten a vida como acceso ao transporte,ao acceso á
información, no caso da discapacidade sensorial .Todo iso,unido á
discriminación social que, ás veces existe no seu entorno, e á falta de
lexislación adecuada, fan que a vida das persoas con discapacidade sex amáis difícil.
Ademais, as persoas con
discapacidade son máis vulnerables ante a violencia. Os nenos discapacitados
teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas de actos violentos, igual
que os adultos con problemas mentais.
A ignoracia é a causa da discriminación que existe en torno ás persoas con discapacidade xa que está totalmente demostrado que,unha vez eliminadas as barreiras e obstáculos á integración destas persoas, poden colaborar activa e produtivamente na sociedade.
Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
PEDRA DECORADA CON BRAILLE.
A Conveción sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006 e firmada por 180 países di:
“A accesibilidade e a inclusión das persoas con
discapacidade son dereitos fundamentais”
E pide que as persoas con discapacidade poidan levar
unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da
sociedade.
Solicita aos Estados que tomen as medidas apropiadas
para darlles pleno acceso á actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos á súa
integración.
Para saber máis sobre o
día mundial da discapacidade , preme nesta ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario