28/02/24

No Ribeiro tamén se fala!

Seguimos coa campaña Aquí tamén se fala galego e xa imos por case 100 carteis colocados por toda a comarca do Ribeiro. Ademais de subir todas as fotos ao Instagram, elaboramos unha exposición no centro con elas. Deixámosvos aquí máis fotografías e tamén as fotos da exposición no instituto. Grazas a todos os establecementos que están a colaborar e ao noso alumnado!

Lembrade seguirnos en Instagram: @edl_ies_oribeiro

Farmacia de Barbantes, Cenlle

Carnicería de Melón

Bar A Orens pola vella, Arnoia

Kaizen Karate Academy, Ribadavia

Bar Rogelio, Ribadavia

Restaurante Rebusca, Ribadavia

Restaurante Caracas, Ribadavia

Viños e tapas Jessye, Leiro

Casa do concello, Arnoia

Clínica veterinaria Ribeiro, Ribadavia

Ferretería Avenida, Ribadavia

Kebab Mitu, Ribadavia






07/02/24

 RadiOmix


A radio RadiOmix da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia convidou ás nosas compañeiras María Curros, Noemia Garrido e María Valcárcel a charlar sobre as actividades que leva a cabo o EDLG do noso centro. Concretamente, falaron do concurso de microrrelatos de terror polo Samaín. Ademais, aproveitaron tamén para conversar sobre o labor dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega nos centros de ensino e sobre a situación do galego no instituto. Agradecemos a Manuel e a David o seu convite!

Deixamos aquí o enlace ao programa na plataforma Ivoox.

https://go.ivoox.com/rf/123788096