24/01/24

No Ribeiro tamén se fala galego!


Comezamos coa campaña de dinamización Aquí tamén se fala galego iniciada polo IES Rafael Dieste da Coruña para rachar cos prexuízos. Aquí podedes ver as primeiras fotos realizadas polo alumnado nos diferentes establecementos de toda a comarca. Iremos subindo máis ao noso blog e ao noso instagram. Síguenos! @edl_ies_oribeiro



Alimentación San Martiño, Castrelo de Miño

Droguería Miguélez, Ribadavia

Xulgado de 1ª instancia núm. 4, Ourense

Bar Industrial, Arnoia

Panadería Carmen, Avión

Bar A Manola, Arnoia
Restaurante A Parra, Francelos


Carnicería Mincho, Francelos



Mesón O mosteiro, San Clodio


18/01/24

Concurso de microrrelatos de terror



No último día de clase antes do Nadal, aproveitamos o festival para facer a entrega de premios do concurso de microrrelatos de terror. Ademais disto, entregáronse os premios do concurso de debuxos, houbo unha actuación do grupo de pandeiretas "Fuscalla" e unha estupenda representación do grupo de Artes Escénicas.


Os gañadores do concurso de microrrelatos foron: Marina Cabrera Vives, alumna de 6º de EP no CEIP Castrelo de Miño; Sara Asorey Díaz, alumna de 2º ESO; e David Cabral, alumno da ESA. Grazas á colaboración deste último, gravamos os microrrelatos gañadores en podcast coas voces do alumnado de Artes Escénicas. Aquí vos deixamos os audios para que poidades escoitalos.