Moi boas! Os Dinamiteiro@s intentamos con todas as nosas forzas afacérmonos á nova normalidade... Mantemos a distancia de seguridade e vémonos e lémonos a través de pantallas con maior ou menor resolución...
O certame Lingua Rodada, convocado pola SXPL (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e o cineasta Rubén Riós segue adiante, malia as dificultades da situación💪 e iso que significa?
Que velaquí temos as nosas catro finalistas, Clara, Fayna, Paula e Nerea, de 1º Bac C, mantendo videoconferencia con Rubén Riós, quen as guía neste último traxecto do camiño 😀
Clara, Rubén, Paula, Nerea e Fayna. Toman notas e pensan unha curta que chegue aos nosos corazóns |
Agora teñen que reformular o seu vídeo, Saudade. Contar unha historia en 4 minutos que nos atrape e ...
o 10 de xuño darase a coñecer o traballo gañador (os outros finalistas son o IES de Boiro e Narón, parabéns a eles, abofé).
Os Dinamiteiros dicimos que...
tanto ten quen gañe...o camiño e a aprendizaxe é o que nos importa!!!
Clara, Fayna, Nerea, Paula, contades con todo o noso apoio. Ánimo! Sabemos que estades gozando desta oportunidade e nós sentimos ORGULLO DE VÓS!!!💗💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario