31/01/21

Tal día como hoxe, o 31 de xaneiro de 1820, nacía en Ferrol a intelectual, xornalista, escritora e feminista
Concepción Arenal

    Queredes saber algo máis sobre a vida desta muller?.Facede clik aqui💜

28/01/21

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.


Celébrase: 30 de xaneiro de 2021
Proclama: Profesor español Llorenç Vidal e recoñecido pola ONU en 1993
Desde cando se celebra?: 1964


VIDEO: CELEBRACIÓN ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
INDICE DE TEMAS:
-POR QUE É TAN NECESARIO UN DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA?
-VALORES QUE PROMOVE O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

 DENDE O ANO 1964 VENSE CONMEMORANDO O DÍA ESOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA (DENYP),CADA 30 DE XANEIRO. ELEXIUSE ESTA DATA EN PARTICULAR, DEBIDO A QUE FOI A DATA EN QUE MATARON A MAHATMA GANDHI, LIDER NACIONALISTA E ESPIRITUAL DA INDIAL.E A PRINCIPAL FIGURA DA RESISTENCIA PACÍFICA NO MUNDO.

NAQUELES PAÍSES NOS QUE O 30 DE XANEIRO COINCIDE CO PERÍODO DE VACACIÓNS,PÓDESE PRACTICAR O 30 DE MARZO OU ALGÚN DOS DÍAS PRÓXIMOS.

PARA GANDHI, A PAZ NON ERA SÓ UNHA POSTURA ACOMODATICIA PARA EVITAR CONFLITOS. PARA EL, A PAZ ERA O ÚNICO CAMIÑO QUE DEBÍAN RECORRER OS SERES HUMANOS, PARA SEGUIR EVITANDO TANTO DANO, TANTO MAL, E TANTA INXUSTICIA NO MUNDO.

POR ESTA RAZÓN, EN 1964,O PROFESOR, POETA E PACIFISTA MALLORQUÍN LLORENÇ VIDAL, DECIDIU LEVAR ÁS AULAS O PENSAMENTO DE GANDHI, E DESDE ENTONCES,CELÉBRASE ESTE DÍA.

 

Por qué es tan necesario un Día Escolar da Paz e a Non Violencia?

Actualmente son moitos los conflitos que se están suscitando no mundo, pero tamén é moita maior a cantidade de información que se consegue ao respecto. Os niños e xóves, están sendo bombardeados constantemente con textos, datos, infografías, entre outros, que los expoñen, queiramos ou non, a unha realidade cada vez máis violenta. Por se fose pouco, comportamentos coma o bullying nas escolas, o ciberacoso e o escarnio dixital, están xerando persoas inseguras, con moi baixa autoestima e en casos extremos, nenos que recorren ao suicidio por non ter as ferramentas psicoafectivas adecuadas para afrontar esas situacións. 

O bullying nas escolas é unha lacra contra a que hai que loitar.

O día da paz o que busca é sementar valores no alumnado,co obxectivo de crear homes e mulleres que prefiran falar en vez de golpear, conciliar en vez de berrar, e unirse en vez de competir feramente uns contra outros.Isto é o que se coñece como cultura da paz.


Valores que promove o Día Escolar da Paz e a Non violencia.

 Os principais valores que se promoven durante este fermosísimo día, e que podes compartir nas redes sociais co hastag#DíaEscolardaPazeaNonViolencia;son os seguintes:

💖RESPECTO

💖AMOR

💖XUSTIZA

💖LIBERDADE

💖PAZ

💖EQUIDADE E IGUALDADE

💖TOLERANCIA

💖LEALDADE

💖RESPONSABILIDADE

💖HONESTIDADE


 ASÍ QUE XA SABES, ESTE 30 DE XANEIRO, PROCURA SER O EXEMPLO PARA OS MÁIS PEQUENOS, E SEMENTA NOS TEUS CORAZÓNS A SEMENTE DA PAZ. FELIZ DÍA!!!


23/01/21

O DÍA 24 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN:

O 24 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación, unha data procalamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o planeta da importancia da educación para conseguir os obxectivos do Desenvolvemento sostible.Concretamente o Obxectivo número 4 establece unha Educación de Calidade.



EMOTIVA HISTORIA DUNHA RAPAZA E O SEU AVÓ QUE SE EMBARCAN HACIA A AVENTURA DE APRENDER.

En realidade, a educación é a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente.A educación aumenta a produtividade das persoas e,como consecuencia, as posibilidades de medrar economicamente.Fai que as persoas traballen no que lles guste e no que son bos, e inflúe directamente na felicidade das persoas.Porque unha persoa realizada é unha persoa feliz.
Por iso a educación axuda a erradicar a pobreza e a fame, contribúe a mellorar a saúde, promove a igualdade de xénero e pode reducir a desigualdade.En fefinitiva fai sociedades mellores.

O Dereito a Educación é un dereito humano.

 DATOS NEGATIVOS SOBRE A EDUCACIÓN NO MUNDO.

A pesar de que todos parecen estar dacordo neste tema, aínda hai moitar carencias e os datos fan pensar que queda moito traballo para conseguir o acceso de todos a unha educación de calidade.

👉No mundo hai aproximadamente 258 millóns de nenos e xoves sen escolarizar.

👉617 millóns de nenos e adolescentes non saben ler nin teñen coñecementos básicos de matemáticas,o mínimo para defenderse na vida cotiá.

👉Nos países en desenvolvementos o 91% dos nenos matricúlanse na escola  pero deles, 57 millóns de nenos non asisten á escola.

👉Africa subsahariana ten o récord de nenos sen escolarizar.

👉Os conflitos e as guerras impiden que os nenos asistan ao colexio.

👉Os nenos refuxiados tampouco poden asistir,alcanzando a cifra de 4 millóns.

TEMA DE 2021:RECUPERAR E REVITALIZAR A EDUCACIÓN PARA A XERACIÓN COVID-19

Durante o confinamento pola pandemia da COVID-19 afectou ao mundo enteiro, a educación foi un dos aspectos máis afectados,xa que millóns de nenos non puideron ir á escola, e supuxo a falta de escolarización para nenos e nenas máis vulnerables, sobre todo nos países pobres e con falta de recursos.

Aínda que se fixeron verdadeiros esforzos pola educación,en moitos países foi imposible unha educación de calidade a distancia.

Así, neste 2021,o lema do Día Internacional da Educación, céntrase na recuperación e a revitalización para unha xeración enteira que se viu afectada.



20/01/21

21 de xaneiro, día internacional do abrazo.


Dende o ano 1986, cada 21 de xaneiro,celébrase o Día internacional do abrazo.Comezouse a celebrar nos Estados Unidos, por iniciativa de KEVIN ZABORNEY.Este estadounidense,preocupado polas poucas mostras de afecto que realiza a xente en público incluso cos membros da familia,pensou en crear unha festividade que lles brindase unha excusa de  facer algo que a todos nos gusta, que é dar e recibir abrazos.


 

 PRINCIPAIS BENEFICIOS QUE NOS APORTAN OS ABRAZOS.

Ademais de dar confort,de ser quentiños e en ocasións poñernos o corazón a mil por hora,os abrazos aportan moitos beneficios para a saúde, tanto física como psicolóxica.Entre os seus principais aportes están os seguintes:

😀 Aportan seguridade: O ser humano é moi fráxil por natureza, sobre todo cando somos bebés, así que unha boa dose de abrazos nos axuda a sentirnos seguros e confiados.

😃Provoca placer:  Cada vez que abrazamos a alguén ou nos abrazan, o noso cerebro segrega dúas substancias que son a dopamina e a serotonina, ambas reducen o estrés e xuntas proporcionan calma, tranquilidade e sosego.

😃 Cobre  necesidades afectivas: Unha persona necesita diariamente 14 abrazos para sentirse plenamente querido. As persoas que non amosan afecto sofren dalgo que en psicoloxía se coñece como fame de pel e non é máis que a necesidade de contacto humano.

😃 Permiten funcionar da mellor maneira:Cada abrazo axuda a centrarnos e manternos felices e funcionais cada día.

😃A mellor cura contra a timidez: Permite ás persoas tímidas entrar en confianza,ser máis abertos, espontáneos e seguros de si mesmos.

😃Diminúe a presión arterial:As persoas que non teñen moito contacto físico posúen unha frecuencia cardíaca e unha presión arterial moito máis alta que as persoas que reciben abrazos de maneira máis frecuente.

 

Cómo celebrar el Día Internacional del Abrazo.


 Debido á pandemia da COVID-19, a partir do ano 2020, o abrazo se fíxose moito máis esquivo e complicado, polo menos para as personas que non conviven connosco . O medo ao contaxio e as recomendacións das autoridades sanitarias reduciron  ao abrazo á mínima expresión. 

 Porén,  animámoste a que manifiestes o teu  desexo de abrazar ás túas persoas queridas, familiares e amigos, xa sexa cun xesto ou con palabras de cariño. Polo menos ata que poidamos retomar este costume tan san.

DESPOIS DUN NADAL ATÍPICO,RETOMAMOS A ANDADURA NUN MES DE XANEIRO TAMÉN ATÍPICO

Comezou o mes de xaneiro.Todos tiñamos ganas de que rematase o fatídico ano do 2020,e 2021 vén con ganas de pelexar:temporais de neve,A COVID aínda moi presente nas nosas vidas,pero nós con ganas de resistir e de seguir facendo camiño.

E para comezar, o equipo de dinamización lingüística, propón un concurso de microrrelatos, cuxo tema sexa o inverno,estación na que estamos.  

As bases do concurso son as seguintes:

CONCURSO DE MICRORRELATOS:O INVERNO.

 

O EQUIPO DE EDNL ORGANIZA UN CONCURSO DE MICRORRELATOS CUXA TEMÁTICA SERÁ “O INVERNO”,INCLUÍNDO UNHA CATEGORÍA DE MICRORRELATOS ILUSTRADOS.

BASES DO CONCURSO:

1.   TEMÁTICA: O INVERNO.NO MICRORRELATO DÉBESE MENCIONAR A PALABRA “INVERNO”, OU FACER REFERENCIA Á ESTACIÓN.

2.   FORMATO: AS OBRAS TERÁN UNHA EXTENSIÓN MÁXIMA DE 33 PALABRAS.

3.   HABERÁ 3 CATEGORÍAS,DÚAS PARA ESO E UNHA PARA BACHARELATO.NO CASO DO ALUMNADO DE EPV E DO BACHARELATO DE ARTES TEÑEN QUE A COMPAÑAR O TEXTO DUNHA ILUSTRACIÓN.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS MICRORRELATOS REMATARÁ O 21 DE MARZO DO 2021