16/06/22

 A XUNTA APOIA CUN VIDEO A CANDIDATURA DE ÁNGEL CARRACEDO.


ENLACE AO VIDEO E Á NOTICIA COMPLETA

VELAQUÍ O TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DO IES O RIBEIRO.UNHA XOIA.

Unha fermosa curtametraxe realizada polo IES O RIBEIRO DE RIBADAVIA,CO APOIO DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, DÁNOS A COÑECER O LABOR A PROL DA LECTURA QUE REALIZAN RAPAZAS COMA IRENE, A PROTAGONISTA .

 ENLACE AO VIDEO E Á NOTICIA COMPLETA.


https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/audiovisuais-e-musica/_/contido_1807/curtaema-voz-das-nosasem

15/06/22

CONCURSO INTERNACIONAL DE PODCAST


 Damos os parabéns a un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO A que resultou finalista no Concurso Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos” co podcast que realizaron na clase de lingua galega e literatura. O podcast de David, Laura, Lorena, Oier e Xoel leva o nome de “Informando sobre Florencio” e trata sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

O IES Rosalía de Castro, organizador do concurso, invítanos a participar no acto de entrega de premios que se levará a cabo este venres 3 de xuño en Santiago de Compostela. Esperemos que haxa sorte! Mentres tanto, podedes escoitar aquí os podcasts.

Grupo Dairon 

Grupo Hugo 

Grupo Naiara 

Grupo Uxía 

Grupo Xoel 




O alumnado de 4º ESO A acudiu o venres 3 de xuño ao acto de entrega de premios do Certame Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”,que se desenvolveu no IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Os alumnos e alumnas de 4º ESO traballaron durante o curso nuns podcasts sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán, que presentamos a este concurso. Para a ledicia de todos, o grupo de David Araújo, Laura Negreira, Lorena Rodríguez, Oier Galán e Xoel González quedou finalista.

Non puidemos gañar, mais para nós xa foi unha celebración sermos finalistas e acudirmos ao acto. Este estivo amenizado por un regueifeiro e polas actuacións dos podcasts gañadores. Os nosos alumnos e alumnas recibiron o seu premio de finalistas, unha figura realizada pola EASD Mestre Mateo, un diploma e un lote de libros. Parabéns ao noso alumnado polo seu traballo!








09/06/22

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

 




 
CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR


Estes son os textos que seleccionamos como mellores, de 1º de ESO e 1º de BACPresentáronse un total de 48 traballos, 13, dos máis novos e 35 de bacharelato

ENTRE ELES ESTÁN OS GAÑADORES…

1º ESO
UNHA NOITE TERRORÍFICA

Espertei tremendo tras oír un grito estremecedor da caixa de xoguetes que teño na habitación. Cando mirei vin a un pirata degolando con saña o resto dos meus otros bonecos.

TRUCO OU TRATO
Nunha noite de outubro mentres os rapaces pedían caramelos polas rúas escuras dunha vella vila, decatáronse de que María desaparecerá e mentres a buscaban viron a sombra dun terrorífico pallaso.

A AVOA
Un neno estaba só na casa da aldea esperando que a  avoa viñera da fonte. Anoiteceu e non volverá, así que foi mirar ao camino e non atopou a ninguén; soamente un charco vermello.

***

O morcego xigante pasou tan preto da miña faciana que non vin a figura orte de ollos vermellos  que sinalaba o orte do cemiterio, lugar escuro, onde os seres deixan de falar.



  

1º BAC
DESACOUGO

Sigo só neste soto, sen comer, sen beber. Famento, choro a miña soidade. Só escoito pegadas e asubíos. Que fago aquí? Quen me trouxo? Ábrese a porta e achégase a miña fin.

A MORTE TAMÉN SABE XOGAR
Un dous, tres, catro, cinco…recitaban os nenos ás agachadas. A escura noite pecha contaba que de cinco nenos se trataba. Mais, desgrazadamente, a orte tamén xogaba.

*****

Noite fría e bretemosa, rúa fría e desacougo. Camiñaba a paso lento, sabía o que ía acontecer. Mesma hora, mesmo día, tamén mesmo lugar. Corazón latente, xa as doce! Non hai volta atrás.

****
Un estrondo ergueuno do leito. Suaba frío e tiña os ollos inxectados en sangue. Voltou cara á porta. Divisábase a luz acesa do corredor. De súpeto, unha sombra. Camiñou cara á porta, abriuna e…
                                                                    
   ***
Envíolle a mensaxe a Xoán
Púxose diante da cancela
As súas pulsacións marcaban un ritmo
Pum pum
Abriuna e botou a andar
Pum pum
As pegadas perdéronse na neve
Pum pum
E final






Velaquí está o microrrelato ilustrado gañador. Iria Taboada, de 1º Bac A, foi a escollida. PARABÉNS!!!