Amosando publicacións coa etiqueta ODA2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ODA2021. Amosar todas as publicacións

03/04/21

VELAQUÍ O ESTÁ. O VÍDEO DO MALTRAER CON FONDO 'MULLER E ARTE'.

Esta foi a actuación do grupo de artes escénicas do bacharelato de artes. A versión do MALTRAER das Tanxugueiras fíxose ÍNTIMA na entrada do IES, cos traballos do alumnado de DEBUXO da muller de fondo. 





Esta é a ligazón

08/03/21

8 de marzo. O Grupo 'ODA' de Artes escénicas versiona o MALTRAER das Tanxugueiras

 

Cartel anunciador da actuación

O Grupo ODA de 2º de bacharelato de artes fixo este 8 de marzo, día internacional da muller, unha INTERVENCIÓN  para distraer o recreo.

 

A ACTUACIÓN consistiu nunha RECREACIÓN  do tema MALTRAER  das pandereiteiras e cantareiras TANXUGUEIRAS

Nerea, Lara, Antía, Vanesa e Dani estaban invitados ao casamento. Guapas e guapo como merece a ocasión

Paula, Fayna e Clara son as nosas particulares Tanxugueiras. Non teñen nada que lles envexar ás orixinais. Como se pode aprezar, a mañá ía fresquiña...

Neste casamento o noivo, Teo, lanzou o chapeu. A noiva, Aldara, quedou co ramo

Paula, Clara e Fayna prepáranse como Deus manda. Elas poñen voz a tantas mulleres sufridoras ...

Cando teñamos un vídeo e unha reportaxe de voda que sexan ben xeitosos, publicarémolos...

 

QUE VIVAN OS NOIVOS!!!

14/02/21

12 DE FEBREIRO: EXITOSA FUNCIÓN DO CIRCO 'ODA'

 

Cartel anunciador do circo
O GRUPO DE 2º BACHARELATO 

DE ARTES 'ODA'  (Organización para a Defensa da Arte)

transportounos,

co CIRCO ODA,

aos tempos da infancia.









O venres previo ao entroido non houbo concurso de disfraces 😔, as clases seguiron o seu curso normal, 😖😕coma calquera outro día e, de súpeto,  como por arte de maxia, RECIBIMOS A VISITA DO MAIOR ESPECTÁCULO DO MUNDO!!!👏👏👏

De esquerda a dereita, Indómita Ritushka, Lara Acomodadova, Leónidas Nacho, Invidente Pauleska, Clarova Dianova, Lucas La Roche, Pallaso Trompetti, Desequilibrata Barbuta, Mademoiselle Poupée e Madame Curie, Aldarini Houdini, Antía Acomodadova, Dani Cinema e o Xefe de Pista, o Gran Iagovski

O grupo de Artes escénicas evocou en 20 minutos a ilusión do maior espectáculo do mundo. Maxia, equilibrismo, forza, o sorteo dun lote de produtos da  terra e un coche entre os espectadores e moito moito humor... 
O máis extraordinario pode pasar nun recreo cando hai talento e no Ribeiro, hai tanto talento!!!!









Cando teñamos o vídeo da estrelar actuación, publicarémolo 😉
Entrementres, que non pare o espectáculo con estes alumn@s do bacharelato de artes tan espelid@s!!!

https://drive.google.com/file/d/1R08rr9t9FkjRTiDDSZlioshiAT53OiuU/view?usp=sharing






10/12/20

O Grupo ODA estréase CONTRA a violencia de xénero

OS ALUMN@S DE  ARTES (ESCÉNICAS)  "Grupo ODA" (Organización Defensora da Arte) comezan os seus ataques escénicos contra a monotonía dos recreos.

O primeiro reto consistiu en DRAMATIZARMOS a canción 'Adeus' de Dante, que recrea a historia infelizmente repetida dunha parella que evoluciona do AMOR 💗inicial ata o MALTRATO e MORTE.

Nesta fase da dramatización o AMOR xa se transformou en MEDO


De esquerda a dereita e de pé: LARA, TEO, ANTÍA, IAGO e PAULA; en crequenas, tamén de esquerda a dereita, NEREA, CLARA, FAYNA, DANI, VANESA e ALDARA




PARABÉNS!!! 👏ESPERAMOS O PRÓXIMO ATAQUE🎭