Amosando publicacións coa etiqueta Enquisas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Enquisas. Amosar todas as publicacións

09/12/19

ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA - ALUMNADO 1º ESO Curso 2019-20 - IES O RIBEIRO

 Ao inicio do presente curso, realizouse a enquisa sociolingüística ao alumnado do 1º ciclo da ESO. A continuación expóñense as conclusións obtidas da análise dos datos recollidos, así como unha serie de gráficos que mostran as principais características sociolingüísticas do grupo.


 Conclusións do estudo:

• A meirande parte do alumnado do primeiro ciclo de ESO provén de Ribadavia e o seu concello.

• Case todos naceron en Galicia. Os que naceron fóra de España proceden da emigración (Suíza e México) ou da inmigración (Portugal ou Romanía ou China). Os que proceden doutras CCAA tamén son fillos da emigración (P. Vasco, Madrid, Cataluña)

• Os avós manteñen un elevado grao de galeguización, que perde na xeracións dos pais e baixa notabilísimamente nos nosos alumnos, os fillos.

• O ambiente doméstico ten unha relativa galeguización, pero esta pérdese nas interrelacións cos compañeiros.

• A lingua de contacto co profesorado e de traballo académico (apuntamentos e exames) depende do código lingüístico que emprega o profesorado. RESULTA CRUCIAL EMPREGARMOS O GALEGO CO ALUMNADO, polo efecto espello que poida ter nel, como uso prestixiado do idioma e pola predisposición do alumnado a cambiar de lingua cara ao galego.