21/12/20

UN NADAL DIFERENTE... PERO NADAL

 Este é o lema que escollestes os alumnos do Ribeiro para resumir o noso estado de ánimo.


Chegamos ás vacacións do NADAL case sen decatármonos. 

Comezamos o curso con medo aos CONTAXIOS, con medo a un novo confinamento...

E aquí estamos, vendo as postais que fixestes en DEBUXO o curso pasado, cando tod@s viviamos, sen sabelo, un Nadal máis...



E que DIFERENTE é este ano!!!!


Estas bólas que ilustran as vosas postais seguro que van recheas de bos desexos para o ano 21!!!





E as ás seguro que nos permiten voar

para soñar coa fin da pandemia e a volta aos vellos costumes



VOEMOS, POIS, COAS NOSAS PROPIAS ÁS

E QUE O VOO NOS LEVE

E TRAIA OUTRA VEZ

AO PUNTO DE ONDE PARTIMOS,

PARA CONTINUAR AS NOSAS

VIDAS, coma se isto fose un soño...




BO NADAL!!!





17/12/20

INÍCIASE O AUDIOVISUAL "NOVAS VOCES PARA A LINGUA"

Conseguiremos é o título da serie que dá comezo ao proxecto Novas voces para lingua, que lanzan entre a Real Academia Galega (RAG) e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Compostela (USC), e que ten por obxectivo conectar a mocidade co idioma.     


Podedes ver aquí o video dos creadores do proxecto:

Conseguiremos é un proxecto que consta de cinco pezas audiovisuais,cuxos protagonistas son mozos e mozas que supoñen un exemplo da Galiza con máis talento,e que empregan o galego en todos os contextos da súa vida.
Formarán parte da serie,nestes cinco capítulos, os músicos Alejandro Guillán, Baiuca, e Laura Lamontagne, o director de cine Andrés Goteira, as actrices da Panadaría Teatro, a psiquiatra e divulgadora Iria Veiga e o xenetista Ángel Carracedo, e tamén a futbolista Vero Boquete, protagonista do primeiro capítulo cunha entrevista no estadio compostelán que leva o seu nome e que se pode ver na canle audiovisual da web da RAG.

                  

A deportista, entrevistada polo xornalista e tamén atleta Víctor Pérez Currás, recalca durante esta charla que "cada vez a xente recoñece máis o valor de ter unha lingua propia, somos máis conscientes".

12/12/20


 A figura e a obra á que a Academia lle dedica o Día das #LetrasGalegas é un referente no que podemos e debemos seguir traballando alén do ano da homenaxe", salientou o presidente da Real Academia Galega no pleno dedicado a #CarvalhoCalero. Víctor F. Freixanes reivindicou ademais o uso do galego en todos os espazos. "Nestes días en que volve a discutirse a utilidade dos idiomas e alguén quere reducir a cuestión a termos cuantitativos e excluíntes, a Real Academia Galega reivindica o uso e a presenza da nosa lingua en todos os ámbitos, como fixeron os precursores das Irmandades da Fala, os precursores de Nós: uso e presenza tamén no ámbito educativo, en todas as materias, sen excepcións, pensando moi especialmente nas novas xeracións, ás que debemos dotar de ferramentas e espazos de actividade para o seu desenvolvemento", expresou Víctor F. Freixanes. O presidente da Academia avanzou que a institución iniciou contactos con Euskaltzaindia e mais co Institut d'Estudis Catalans para "abrir un debate sincero e interesar a todo o Estado español nun patrimonio que quixeramos que se considerase común, un patrimonio –as linguas de España, que dicía o poeta vasco Aresti–, que nos compromete a todos e do que debemos sentírmonos copartícipes e orgullosos", engadiu. 

 Logo de varios adiamentos por mor da covid-19, a Real Academia Galega celebra este sábado no Paraninfo da Universidade de Santiago o día das letras galegas de Carvalho Calero.

Falamos co presidente da RAG, Víctor Freixanes. Se queres oír o podcast,fai clik aquí

10/12/20

O Grupo ODA estréase CONTRA a violencia de xénero

OS ALUMN@S DE  ARTES (ESCÉNICAS)  "Grupo ODA" (Organización Defensora da Arte) comezan os seus ataques escénicos contra a monotonía dos recreos.

O primeiro reto consistiu en DRAMATIZARMOS a canción 'Adeus' de Dante, que recrea a historia infelizmente repetida dunha parella que evoluciona do AMOR 💗inicial ata o MALTRATO e MORTE.

Nesta fase da dramatización o AMOR xa se transformou en MEDO


De esquerda a dereita e de pé: LARA, TEO, ANTÍA, IAGO e PAULA; en crequenas, tamén de esquerda a dereita, NEREA, CLARA, FAYNA, DANI, VANESA e ALDARA




PARABÉNS!!! 👏ESPERAMOS O PRÓXIMO ATAQUE🎭



 


10 de decembro, día internacional dos Dereitos dos animais.

 

O 10 de decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos, pero tamén desde 1997 se celebra por parte das diversas organización e asociacións de protección animal o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS ANIMAIS, realizándose actos en moitas cidades do mundo para concienciar e reflexionar sobre o respeto que se debe ter hacia todos os seren que sente, dando así valor á famosa frase de i Mahatma Gandhi cando dixo que un país ou civilización se pode xuzgar na forma en que tratan aos seus animais.



DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS ANIMAIS.

Pero os animais non só teñen o seu día internacional, senón que tamén teñen unha DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS ANIMAIS. Foi a Liga Internacional dos Dereitos dos Animais a organización que proclamou o 15 de outubro de 1978 a DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS ANIMAIS .Porén, aínda queda moito traballo para que esta declaración sexa aceptada a nivel global.

Os 14 artigos que conforman esta Declaración Universal, poden sintetizarse en catro dereitos básicos: a vida, a liberdade, non someterse a situacións que xeneren dor e non consideralos propiedade.

Porén, estes dereitos son violados cada día en todo o mundo.Os animais son considerados como un mero recurso ao servizo do ser humano, e iso está alimentado polo concepto consumista da nosa sociedade.


 

Hai alternativas máis éticas de satisfacer as necesidades alimentarias, de vestimenta, de saúde e hixiene e incluso de ocio dos seres humanos. E hai que xerar un cambio de conciencia para conseguir que se respeten os dereitos dos animais.