23/06/20

CLARA, FAYNA, PAULA e NEREA, GAÑADORAS DE LINGUA RODADA, CON 'SAUDADE'











Elas, CLARA, FAYNA, PAULA e NEREA, e só ELAS, alumnas do recén nado bacharelato artístico, foron quen de ver unha de entre as moitas historias que encerran as nosas aldeas espidas.

   A súa curta Saudade, protagonizada polo avó de Clara, Ángel Outumuro, resultou ser a gañadora do I certame Lingua Rodada,
creado polo cineasta Rubén Riós en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

PREME E SENTIRÁS 'SAUDADE'

Eran as finalistas desde marzo, xunto co IES Terra de Trasancos, de Narón e o IES A Cachada, de Boiro, e recibiron no IES unha mañá de formación a cargo de Rubén Riós e María Canosa (podes revisar este blog para seguires a súa historia). Foi a última xornada da vella normalidade, o 12 de marzo. Logo todo cambiou...

Mais as nosas catro heroínas VENCERON A DISTANCIA e DERROTARON a INSEGURIDADE, recibindo novamente formación, a distancia, a cargo de Rubén Riós (grazas, outra vez, Rubén 💓 )

REFORMULARON a súa historia, mellorárona e son as GAÑADORAS!!!!!

En palabras do xurado, Saudade toca con sensibilidade e unha gran dose de creatividade o drama da emigración, o desarraigamento, o retorno a unha Galicia despoboada, o amor saudoso polo que foi e xa non é. O protagonismo centrado nunha persoa da terceira idade permite visualizar este colectivo e empatizar con el, na procura da conexión interxeracional. A reflexión final, “Como soarán as campás do futuro?”, fainos cavilar no porvir do rural galego e no que podemos facer para mudar a situación actual.
 
 ACASO NON É UNHA PASADA??

PARABÉNS, SODES DINAMITEIRAS DE HONRA!!!!
💜💪👏😎


01/06/20

XUÑO... XA XUÑO?









 Parece incrible, pero xa estamos en xuño. Empezamos a fase 2 da desescalada, pasiño a paso, día a día, adaptándonos aos cambios que conleva a pandemia. O lado positivo é que non hai tantos exames 😅👍Estes últimos meses pasaron voando, non si?
Brais Domínguez de 1º de bacharelato, co seu xogo de perspectivas, ten o honor de despedir o calendario dinamiteiro deste curso, o 19-20, que pasará á historia porque tivemos que aprender a aprender (e aprender a vivir) desde a distancia...😷


Ide sinalando, día a día, o pouco que nos queda xa para rematar... Ánimo, ímolo dar todo nestas últimas semanas de curso!!!💪💪💪