Elas, CLARA, FAYNA, PAULA e NEREA, e só ELAS, alumnas do recén nado bacharelato artístico, foron quen de ver unha de entre as moitas historias que encerran as nosas aldeas espidas.
A súa curta Saudade, protagonizada polo avó de Clara, Ángel Outumuro, resultou ser a gañadora do I certame Lingua Rodada,
creado polo cineasta Rubén Riós en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
PREME E SENTIRÁS 'SAUDADE' |
Eran as finalistas desde marzo, xunto co IES Terra de Trasancos, de Narón e o IES A Cachada, de Boiro, e recibiron no IES unha mañá de formación a cargo de Rubén Riós e María Canosa (podes revisar este blog para seguires a súa historia). Foi a última xornada da vella normalidade, o 12 de marzo. Logo todo cambiou...
Mais as nosas catro heroínas VENCERON A DISTANCIA e DERROTARON a INSEGURIDADE, recibindo novamente formación, a distancia, a cargo de Rubén Riós (grazas, outra vez, Rubén 💓 )
REFORMULARON a súa historia, mellorárona e son as GAÑADORAS!!!!!
En palabras do xurado, Saudade toca con sensibilidade e unha gran
dose de creatividade o drama da emigración, o desarraigamento, o
retorno a unha Galicia despoboada, o amor saudoso polo que foi e xa non
é. O protagonismo centrado nunha persoa da terceira idade permite
visualizar este colectivo e empatizar con el, na procura da conexión
interxeracional. A reflexión final, “Como soarán as campás do futuro?”,
fainos cavilar no porvir do rural galego e no que podemos facer para
mudar a situación actual.
ACASO NON É UNHA PASADA??
PARABÉNS, SODES DINAMITEIRAS DE HONRA!!!!
💜💪👏😎
Ningún comentario:
Publicar un comentario