28/02/21

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

 

 No IES O RiBEIRO Celebramos o décimo DÍA DE ROSALÍA.

🌹





A Asociación de Escritores en Lingua Galega propuña CANTÁRMOSLLE, nós a ela, que tanto e tan ben cantou para nós, como medio de LIBERACIÓN nestes tempos sen aire e ISO FIXEMOS no IES.



A sensibilidade na voz de NEREA ALVES DÍAZ (1º Bac A) e o oficio de Iago Francisco Fírvida (2º Bac B) deron como resultado este persoal 'Negra sombra con timbre',

para recibirvos a tod@s e para darlle os PARABÉNS  a ROSALÍA, no seu 184 aniversario.




Cada ano que pasa, máis MOZA vas!!!



O programa da tarde da Radio Galega empregou como fondo para informar sobre as actividades do día na nosa provincia a nosa 'Negra sombra con timbre'


Feliz Día de Rosalía para tod@s!!!



27/02/21

 O NOSO ALUMNADO DE 1º ESO, MAGNÍFICOS CREADORES DE HAIKUS.VELAÍ VAI UNHA MOSTRA.















16/02/21

POR FIN ESTÁN ELEXIDOS OS VOSOS MEMES,DITOS OU FRASES RELACIONADAS CON SAN VALENTÍN.E OS MÁIS VOTADOS FORON: 


1º ESOA:

Hai xente que o 14 de febreiro vai estar cos seus namorados, pero eu vou estar na miña casa vendo películas románticas
L.G.R
Eu non penso que vou estar soa o 14 de febreiro; penso que vai estar alguén sen min.
U.T.R
Non lle rompas a ninguén o corazón que só ten un,rómpelle os ósos que ten 206
K.F.L

1º ESO B

Es a miña parte favoríta do día.
D.L.M.P.
Ámote en cores que non se viron.
V.G.B.A.
Dixéronme:"Vai por todo", e fun por TI.
A.C.F.D.J

1º ESO C
Un amigo que nunca faltaches
que non me traizoaches e,
se algunha pelexa tivemos
xa me perdoaches.
M.A.G.

O 14 de febreiro non gasto diñeiro
Sabes por que?...
porque estou feliz e solteiro

Que bonitos ollos tes
tan redondos como o sol
parécense aos ceros
que me pon o profesor.
I..D.R.
Vou pasar o San Valentín ao estilo Han Solo.

Por que Cupido usa cueiros?
Será porque sempre a caga.
M.S.G.

1º ESO D:
-Que farás este 14 de febreiro?
-Agardar a que chegue o día 15
A.V.P.
-Amor, vou durmir, quérote.
-Eu tamén.
-Tamén me queres?
-Non, eu tamén vou durmir.
B.R.F.


PARABÉNS💝




O PRÓXIMO 24 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA.UNHA FIGURA DESTACADA DAS NOSAS LETRAS.AQUÍ TES UN BREVE VIDEO QUE TE APROXIMARÁ Á SÚA

BIOGRAFÍA.

COMA TODOS OS ANOS, VARIAS ASOCIACIÓNS SÚMANSE Á CELEBRACIÓN DESTE DÍA, PERO AS CONMEMORACIÓNS ESTE ANO ESTÁN CONDICIONADAS POLA PANDEMIA DA COVID.19

ENTRE ESTAS ASOCIACIÓNS,A DOS ESCRITORES EN LINGUA GALEGA (AELG).SE QUERES SABER ALGO SOBRE AS ACTIVIDADES QUE CELEBRARÁN ESE DÍA, FAI CLIK AQUÍ.

TAMÉN A FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO,CONMEMORA ESTE DÍA,SEN ACTOS PÚBLICOS, TODO MEDIANTE AS REDES.


14/02/21

12 DE FEBREIRO: EXITOSA FUNCIÓN DO CIRCO 'ODA'

 

Cartel anunciador do circo
O GRUPO DE 2º BACHARELATO 

DE ARTES 'ODA'  (Organización para a Defensa da Arte)

transportounos,

co CIRCO ODA,

aos tempos da infancia.









O venres previo ao entroido non houbo concurso de disfraces 😔, as clases seguiron o seu curso normal, 😖😕coma calquera outro día e, de súpeto,  como por arte de maxia, RECIBIMOS A VISITA DO MAIOR ESPECTÁCULO DO MUNDO!!!👏👏👏

De esquerda a dereita, Indómita Ritushka, Lara Acomodadova, Leónidas Nacho, Invidente Pauleska, Clarova Dianova, Lucas La Roche, Pallaso Trompetti, Desequilibrata Barbuta, Mademoiselle Poupée e Madame Curie, Aldarini Houdini, Antía Acomodadova, Dani Cinema e o Xefe de Pista, o Gran Iagovski

O grupo de Artes escénicas evocou en 20 minutos a ilusión do maior espectáculo do mundo. Maxia, equilibrismo, forza, o sorteo dun lote de produtos da  terra e un coche entre os espectadores e moito moito humor... 
O máis extraordinario pode pasar nun recreo cando hai talento e no Ribeiro, hai tanto talento!!!!









Cando teñamos o vídeo da estrelar actuación, publicarémolo 😉
Entrementres, que non pare o espectáculo con estes alumn@s do bacharelato de artes tan espelid@s!!!

https://drive.google.com/file/d/1R08rr9t9FkjRTiDDSZlioshiAT53OiuU/view?usp=sharing






SAN VALENTÍN SOLIDARIO. ASOCIACIÓN XUVENIL E BANCO DE ALIMENTOS 'RIPPA AVIE'

Este venres 12 de febreiro, malia as restricións que vivimos, o IES O Ribeiro palpitaba enerxía!!!

Irene, Anezka, África, Lara e Natalia, mensaxeiras solidarias 


 Durante máis de unha semana membros da asociación xuvenil RIPPA AVIE, xunta compañeiros e profes do IES confeccionaron rosas vermellas, pendentes e colgantes para recadar fondos para o banco de alimentos

A iniciativa foi un éxito. E daba gusto ver polos corredores do centro os mensaxeiros de Cupido repartindo mensaxes e agasallos de amor e solidariedade. 

PARABÉNS!!!! 

Esta é a mensaxe que publicaron nas súas redes sociais: 


Hoxe, día de San Valentín, queremos agradecer a todos os nosos compañeiros, compañeiras, profesores e profesoras pola participación na actividade que organizamos dende a Asociación Xuvenil e Banco de Alimentos Rippa Avie por San Valentín. Recibimos un gran número de encargos e a consecuencia un número moi significativo de diñeiro recadado, que irá destinado a FINS BENÉFICOS. Dende a asociación, tamén queremos agradecer a todos os nosos compañeiros e compañeiras que sen ser membros da asociación involucráronse para facer os encargos, de maneira desinteresada. Por último agradecemos o apoio das nosas profesoras de debuxo, Chus e Maite e da nosa profesora de música Cristina, que sempre estiveron dispoñibles para axudarnos a facer os pedidos e a que todo estivese listo e preparado. Moitas grazas a todos e a todas!!! Feliz San Valentín!!!!

01/02/21



 Comezamos outro mes,o de febreiro,o máis curto do ano.A xornada preséntase gris,chuviosa,e as noticias, por desgraza,continúan sendo grises, por non dicir negras.Pero nós queremos que neste recantiño,non haxa nada de negrura,senón que se albisque un pouquiño de luz, e por iso imos seguir traballando.

COMO APERITIVO, UN REPASIÑO A ALGÚNS DOS DÍAS INTERNACIONAIS QUE SE CELEBRAN ESTE MES.O MÁIS SONADO É,SEN DÚBIDA, O 14 DE FEBREIRO,SAN VALENTÍN. 

Día dos  Namorados, ou Día de San Valentín.

ÍNDICE DE TEMAS:

💕Por que se celebra o día de San Valentín?


💕O día de San Valentín en diferentes partes do mundo.

 

Cada 14 de febreiro, celébrase en moitas partes do mundo o Día dos Namorados ou Día de San Valentín, momento no que o amor toma protagonismo e sucédense esceas románticas por todos os rincóns do planeta. Os namorados fan regalos ás súas parellas, pídese matrimonio por todos os rincóns do planeta e as redes sociais énchense de frases de amor e tamén de memes sobre o día dos namorados, algúns deles moi imaxinativos e divertidos.

A pesares da fama comercial desta celebración, a orixe do Día dos Namorados, vén de moi antigo. Continúa a ler, e contarémosche  a razón pola que se celebra o Día de San Valentín, en que data se celebra en distintas partes do mundo e os costumes asociados a este día tan relevante no calendario mundial.

POR QUE SE CELEBRA O DÍA DE SAN VALENTÍN?

 Trátase dunha festividade relixiosa, ou máis ben podemos dicir que a igrexa se apropiou dela, xa que se coñece por lo nome dun santo. E non se trata dun santo calquera, senón dun que se rebelou ao poder no seu momento e sufriu as consecuencias por iso.

Resulta que, na Roma do século III, o emperador Claudio II decidiu prohibir os matrimonios dos xoves, considerando que os solteiros sen familia eran mellores soldados ao non ter vínculos sentimentais nin ataduras de parella. Tampouco hai que obviar o feito de que nesta época o cristianismo foi prohibido en Roma.

Un sacerdote chamado Valentín considerou que isto era un error e decidiu saltarse a orde e casar en segredo a todos os xoves namorados que así o quixeran. Ao enteirase o emperador deste acto de rebeldía sentenciou a morte do sacerdote Valentín un 14 de febreiro do ano 270



O DÍA DE SAN VALENTÍN EN DIFERENTES PARTES DO MUNDO.

 O Día de San Valentín ten orixe europea e, en moitos países de Europa, coñécese como o Día Internacional dos Namorados, como ocorre en España, Francia ou Bélxica. Porén, non todos os países celebran San Valentín o mesmo día nin teñen os mesmos costumes. Falaremos dalgunhas curiosidades.





💞En moitas partes do mundo, como en Bolivia, ao Día dos Namorados, coñéceselle como Día do amor e da Amistade, e celébrase o 21 de setembro, coincidindo co primeiro día da primavera, cando as parellas se regalan flores e tarxetas. O 14 de febreiro, non é un día para festexar, xa que coincide coa invasión de Antofagasta que inición a Guerra do Pacífico.

💞En Centroamérica si se celebra o 14 de febreiro, pero coñécese como Día do amor e da amistade, ou Día do cariño, e está enfocado, máis ben á amistade.

💞En Xapón, o Día de San Valentín celébrase dende o ano 1958, impulsado por unha empresa de chocolates, e a tradición é que as mulleres regalen chocolate a todos os homes, incluíndo aos seus compañeiros de traballo, aínda que reservan o mellor chocolate para a súa parella. E un mes despois, en marzo, os homes devolven ás mulleres o detalle, no coñecido como Día Branco, regalándolles cousas de cor branca, como chocolate branco ou roupa interior desta cor.