30/11/20


 



                COMEZAMOS,UN POUCO MÁIS TARDE, PERO COMEZAMOS.


 Comezamos a andadura este curso 2020-2021,un pouquiño máis tarde do normal, pero é que nada é igual a outros cursos, neste ano de pandemia.

En primeiro lugar, hai cambio na xefatura de dinamización lingüistica, e, eu aínda estou ”aterrizando” no IES O RIBEIRO, polo que me levou un pouco poñerme ao día no que se levaba feito neste eido en cursos anteriores.

Pero como di o refrán: ”máis vale tarde que nunca”, e, aínda que as cousas van  ser, por desgraza, diferentes, a causa do coronavirus, que apareceu para cambiar de maneira considerable as nosas vidas ,iso non nos fai perder a ilusión, e temos, máis que nunca, ganas de traballar.

Comezamos o curso co calendario dinamiteiro, no mes de decembro, o mes de Nadal. Desde marzo, en que apareceu nas nosas vidas a COVID-19,chegado das afastadas terras de China, todo mudou, como dixen antes. E fíxoo, para peor, por desgraza: pasamos un confinamento, temos que manter a distancia social, usar mascara...o que nos leva a que, ás veces nos sintamos un pouco tristes e con ansiedade. Por esta razón, imos tratar de chegar ó Nadal con calma, e, por iso, propoñemos para cada día da semana, antes de marcharnos de vacacións, facer unha actividade que nos axude a relaxarnos, e a rematar o ano da mellor forma posible e, sobre todo, comezar o que vén, con enerxías renovadas