07/11/19

SAÚDOS DINAMITEIROS

Logo do equipo
  Ola, moi boas. Somos o Equipo de “Dinamitación” Lingüística do IES O RIBEIRO. Non teñades medo; non imos prenderlle lume ao centro.  O nome é un xogo de palabras que incide na nosa intención de remover, repensar, facer actividades nas que a nosa lingua estea presente, como protagonista ou como pano de fondo, que non é pouco. 

  Coma se dunha explosión se tratase, tentaremos que estas actividades removan actitudes e esperten conciencias lingüísticas que, en poucas palabras, DINAMITEN PREXUÍZOS CARA Á NOSA LINGUA.
Logo do blog

   Somos un equipo pluridisciplinar, variado e diverso, coma o noso entorno. Por iso somos tamén acolledores. Estamos abertos á colaboración e participación da comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias... a única condición que establecemos é publicardes en galego.

  O Equipo, de momento, está conformado por:
   Na vangarda das artes:
        ◾María Jesús Labarta Madriñán ( Dpto. EPeV)
        ◾María Teresa Piñeiro (Xefa do Dpto. de EPeV)
   Na vangarda da tecnoloxía:
        ◾Luís Enrique Álvarez Reza (Dpto de Tecnoloxía)
   Na vangarda da inclusión:
        ◾Verónica Antúnez González (Dpto. de Orientación)
   Na defensa do galego
        ◾Rita Abraldes Iglesias (Profesora do Dpto. LGeL, Coordinadora Dinamiteira) 
        Persoal non docente galego ata a medula:
        ◾Xosé Sánchez Moreiras

   Alumnos integrantes, polo de agora (animádevos!!!):
           
    1º ESO            - Carlota Armada Felizardo
                               - Anxo Rodríguez Conde
    1º Bacharelato
                      - Ángela Bruquet
                      - Iago Francisco
                      - Abraham Rodríguez
                      - Nerea Vázquez
                      - Sabela de Martín
                      - Icía Álvarez

   Iremos propoñendo e comunicando as nosas actividades ao longo do curso. Aparte de facelo nas clases e nos taboleiros do centro, imos usar este blog como soporte, así que engádeo xa aos teus favoritos!

     Saúdos dinamiteiros!