20/01/20

25 NOVEMBRO. TOD@S CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 







 Nesta data o departamento de debuxo cámbianos de cor
FACÉMONOS VIOLETA ...

...violeta son as portas das aulas



...unha fermosa árbore violeta
xermola
na entrada do IES...

















... e as paredes énchense de traballos nos que uhna palabra en galego simboliza a CONDENA

A este equipo de dinamiteiros custounos moitísimo escoller un...

...que resultou ser ÁNGEL GONZÁLEZ KOWALSKA de 1º bac, pola súa mensaxe POSITIVA

Mirade que traballos tan chulos

Sabela Pérez é contundente

palabras-clave que nos suxire a violencia machista














ÁNGEL GONZÁLEZ KOWALSKA de 1º bac A resultou gañador



Metáfora visual

No IES O RIBEIRO témolo claro, como Sofía González Miguélez


PARABÉNS!!!















17/01/20

PRIMEIRA SAÍDA DINAMITEIRA



 
 




  

22 de outubro
1º ESO  Musical A Bela e a Besta

Luna Gómez Domínguez. 1 ESO C

No autobús pequeno fomos 1C e catro nenos de 1 D. As profes que viñeron connosco foron: Cristina, de música; Carmen, de Bioloxía; Rita, de galego e Verónica, de apoio de castelán e galego. Cando chegamos a Ourense sacáronnos unha foto a todos. E antes de entrar xogamos a “pedra, papel, tesoira” con outros rapaces que estaban nunha ventá xa dentro. Sentamos na fila do medio. Foron nenos de todo Ourense e de distintas idades. Eu xa coñecía a algúns doutros colexios. A obra gustounos moito e estaba moi ben preparada. A que facía de Bela cantaba moi ben e o que facía de Gastón, tamén. As coreografías e os traxes estaban moi ben feitos e traballados. Ao saír de alí xa collemos o bus para vir de volta. Chegamos sobre as dúas. 
Velaí tedes a foto do grupo


PANORÁMICA MICRORRELATOS DO SAMAÍN









Agora que xa non podemos ver os microrrelatos de terror tan pintorescos que fixestes, porque hai que ir cambiando a decoración dos corredores, deixamos aquí unha imaxe deles de recordo. 
Que ben traballastes e que medo pasamos!!




16/01/20

O QUE ARDE



 









 





O día 8 de novembro o alumnado de 1º de bacharelato asistiu en Leiro á proxección da película do cineasta galego Óliver Laxe O que arde. Logo da proxección visitaron as instalacións e museo do cinema de Leiro e cubriron unha enquisa sobre a película.


Aproveitamos para DESEXARLLE SORTE NOS GOYAS, xa que ten catro nominacións:
  • mellor película
  • mellor director (Óliver Laxe)
  • mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez)
  • mellor dirección de fotografía





15/01/20

SAMAÍN -- IX CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR --




 SAMAÍN

IX CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR


Estes son os textos que seleccionamos como mellores, de 1º de ESO e 1º de BAC. Presentáronse un total de 48 traballos, 13, dos máis novos e 35 de bacharelato

ENTRE ELES ESTÁN OS GAÑADORES…

1º ESO
UNHA NOITE TERRORÍFICA

Espertei tremendo tras oír un grito estremecedor da caixa de xoguetes que teño na habitación. Cando mirei vin a un pirata degolando con saña o resto dos meus otros bonecos.

TRUCO OU TRATO
Nunha noite de outubro mentres os rapaces pedían caramelos polas rúas escuras dunha vella vila, decatáronse de que María desaparecerá e mentres a buscaban viron a sombra dun terrorífico pallaso.

A AVOA
Un neno estaba só na casa da aldea esperando que a  avoa viñera da fonte. Anoiteceu e non volverá, así que foi mirar ao camino e non atopou a ninguén; soamente un charco vermello.

***

O morcego xigante pasou tan preto da miña faciana que non vin a figura orte de ollos vermellos  que sinalaba o orte do cemiterio, lugar escuro, onde os seres deixan de falar.



  

1º BAC
DESACOUGO

Sigo só neste soto, sen comer, sen beber. Famento, choro a miña soidade. Só escoito pegadas e asubíos. Que fago aquí? Quen me trouxo? Ábrese a porta e achégase a miña fin.

A MORTE TAMÉN SABE XOGAR
Un dous, tres, catro, cinco…recitaban os nenos ás agachadas. A escura noite pecha contaba que de cinco nenos se trataba. Mais, desgrazadamente, a orte tamén xogaba.

*****

Noite fría e bretemosa, rúa fría e desacougo. Camiñaba a paso lento, sabía o que ía acontecer. Mesma hora, mesmo día, tamén mesmo lugar. Corazón latente, xa as doce! Non hai volta atrás.

****
Un estrondo ergueuno do leito. Suaba frío e tiña os ollos inxectados en sangue. Voltou cara á porta. Divisábase a luz acesa do corredor. De súpeto, unha sombra. Camiñou cara á porta, abriuna e…
                                                                    
   ***
Envíolle a mensaxe a Xoán
Púxose diante da cancela
As súas pulsacións marcaban un ritmo
Pum pum
Abriuna e botou a andar
Pum pum
As pegadas perdéronse na neve
Pum pum
E final






Velaquí está o microrrelato ilustrado gañador. Iria Taboada, de 1º Bac A, foi a escollida. PARABÉNS!!!




09/12/19

CALENDARIOS de OUTUBRO e NOVEMBRO

Xuntamos os calendarios dos meses de Outubro (coa imaxe realizada por Sabela de Martín) e Novembro (coa imaxe realizada por Brais Domínguez).

Xuntamos tamén os ficheiros dos calendarios en pdf para que poidades utilizalos.

Saúdos dinamiteiros! 


                  Calendario Outubro                               Calendario Novembro




ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA - ALUMNADO 1º ESO Curso 2019-20 - IES O RIBEIRO

 Ao inicio do presente curso, realizouse a enquisa sociolingüística ao alumnado do 1º ciclo da ESO. A continuación expóñense as conclusións obtidas da análise dos datos recollidos, así como unha serie de gráficos que mostran as principais características sociolingüísticas do grupo.


 Conclusións do estudo:

• A meirande parte do alumnado do primeiro ciclo de ESO provén de Ribadavia e o seu concello.

• Case todos naceron en Galicia. Os que naceron fóra de España proceden da emigración (Suíza e México) ou da inmigración (Portugal ou Romanía ou China). Os que proceden doutras CCAA tamén son fillos da emigración (P. Vasco, Madrid, Cataluña)

• Os avós manteñen un elevado grao de galeguización, que perde na xeracións dos pais e baixa notabilísimamente nos nosos alumnos, os fillos.

• O ambiente doméstico ten unha relativa galeguización, pero esta pérdese nas interrelacións cos compañeiros.

• A lingua de contacto co profesorado e de traballo académico (apuntamentos e exames) depende do código lingüístico que emprega o profesorado. RESULTA CRUCIAL EMPREGARMOS O GALEGO CO ALUMNADO, polo efecto espello que poida ter nel, como uso prestixiado do idioma e pola predisposición do alumnado a cambiar de lingua cara ao galego.