SAMAÍN
IX CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
IX CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
Estes son os textos que seleccionamos como mellores, de 1º de
ESO e 1º de BAC. Presentáronse un total de 48 traballos, 13,
dos máis novos e 35 de bacharelato
ENTRE ELES ESTÁN OS GAÑADORES…
1º ESO
UNHA NOITE TERRORÍFICA
Espertei tremendo tras oír un grito estremecedor da caixa de
xoguetes que teño na habitación. Cando mirei vin a un pirata degolando con saña
o resto dos meus otros bonecos.
TRUCO OU TRATO
Nunha noite de outubro mentres os rapaces pedían caramelos
polas rúas escuras dunha vella vila, decatáronse de que María desaparecerá e
mentres a buscaban viron a sombra dun terrorífico pallaso.
A AVOA
Un neno estaba só na casa da aldea esperando que a avoa viñera da fonte. Anoiteceu e non
volverá, así que foi mirar ao camino e non atopou a ninguén; soamente un charco
vermello.
***
O morcego xigante pasou tan preto da miña faciana que non vin
a figura orte de ollos vermellos que
sinalaba o orte do cemiterio, lugar escuro, onde os seres deixan de falar.
1º BAC
DESACOUGO
Sigo só neste soto, sen comer, sen beber. Famento, choro a
miña soidade. Só escoito pegadas e asubíos. Que fago aquí? Quen me trouxo?
Ábrese a porta e achégase a miña fin.
A MORTE TAMÉN SABE XOGAR
Un dous, tres, catro, cinco…recitaban os nenos ás agachadas.
A escura noite pecha contaba que de cinco nenos se trataba. Mais,
desgrazadamente, a orte tamén xogaba.
*****
Noite fría e bretemosa, rúa fría e desacougo. Camiñaba a paso
lento, sabía o que ía acontecer. Mesma hora, mesmo día, tamén mesmo lugar.
Corazón latente, xa as doce! Non hai volta atrás.
****
Un estrondo ergueuno do leito. Suaba frío e tiña os ollos
inxectados en sangue. Voltou cara á porta. Divisábase a luz acesa do corredor.
De súpeto, unha sombra. Camiñou cara á porta, abriuna e…
***
Envíolle a mensaxe a Xoán
Púxose diante da cancela
As súas pulsacións marcaban un ritmo
Pum pum
Abriuna e botou a andar
Pum pum
As pegadas perdéronse na neve
Pum pum
E final
Velaquí está o microrrelato ilustrado
gañador. Iria Taboada, de 1º Bac A,
foi a escollida. PARABÉNS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario