09/12/19

ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA - ALUMNADO 1º ESO Curso 2019-20 - IES O RIBEIRO

 Ao inicio do presente curso, realizouse a enquisa sociolingüística ao alumnado do 1º ciclo da ESO. A continuación expóñense as conclusións obtidas da análise dos datos recollidos, así como unha serie de gráficos que mostran as principais características sociolingüísticas do grupo.


 Conclusións do estudo:

A meirande parte do alumnado do primeiro ciclo de ESO provén de Ribadavia e o seu concello.

Case todos naceron en Galicia. Os que naceron fóra de España proceden da emigración (Suíza e México) ou da inmigración (Portugal ou Romanía ou China). Os que proceden doutras CCAA tamén son fillos da emigración (P. Vasco, Madrid, Cataluña)

Os avós manteñen un elevado grao de galeguización, que perde na xeracións dos pais e baixa notabilísimamente nos nosos alumnos, os fillos.

• O ambiente doméstico ten unha relativa galeguización, pero esta pérdese nas interrelacións cos compañeiros.

• A lingua de contacto co profesorado e de traballo académico (apuntamentos e exames) depende do código lingüístico que emprega o profesorado. RESULTA CRUCIAL EMPREGARMOS O GALEGO CO ALUMNADO, polo efecto espello que poida ter nel, como uso prestixiado do idioma e pola predisposición do alumnado a cambiar de lingua cara ao galego.










   







Ningún comentario:

Publicar un comentario