22 de outubro
1º ESO Musical A Bela e a Besta
Luna Gómez
Domínguez. 1 ESO C
No autobús pequeno
fomos 1C e catro nenos de 1 D. As profes que viñeron connosco foron: Cristina,
de música; Carmen, de Bioloxía; Rita, de galego e Verónica, de apoio de
castelán e galego. Cando chegamos a Ourense sacáronnos unha foto a todos. E
antes de entrar xogamos a “pedra, papel, tesoira” con outros rapaces que
estaban nunha ventá xa dentro. Sentamos na fila do medio. Foron nenos de todo
Ourense e de distintas idades. Eu xa coñecía a algúns doutros colexios. A obra
gustounos moito e estaba moi ben preparada. A que facía de Bela cantaba moi ben
e o que facía de Gastón, tamén. As coreografías e os traxes estaban moi ben feitos
e traballados. Ao saír de alí xa collemos o bus para vir de volta. Chegamos
sobre as dúas.
Velaí tedes a foto do grupo
Ningún comentario:
Publicar un comentario