

No mes de decembro no IES O Ribeiro estivemos a traballar coas matemáticas dunha forma un pouco distinta a como o facemos o resto de ano.
Os alumnos de 1º da ESO, axudados polos de 2º e 4º, construíron un fractal chamado triángulo de Sierpinski.
![]() |
| Un fractal é unha forma xeométrica que se repite infinitamente e que ten unhas características especiais, que poden aparecer mesmo na natureza. |
O
profesorado agradece aos alumnos a súa implicación neste proxecto,
foi un gran traballo realizado en pouco tempo; tiveron que construír
286 pezas.
Nestas fotos podedes ver o proceso seguido
![]() |
| Velaquí a fase incial |
![]() Nunha fase máis avanzada ![]() |
| Velaquí o resultado. Espectacular MOITAS GRAZAS!!! |




Ningún comentario:
Publicar un comentario