O recibidor do instituto despediu o 2019 mesturando tradición, arte e xeometría, iso si, todo con nosos mellores desexos para o 2020!!
A tradición viuse reflectida na exposición dun belén a cargo de departamento de relixión.
A arte na decoración estivo nas mans dos alumnos de Debuxo e a sorpresa correu a cargo do departamento de Matemáticas. O alumnado fixo unha árbore de xeometría cuxas formas escondían debuxos e mensaxes de paz en multitude de idiomas.
Árbore e postais de felicitación |
Árbore xeométrica do departamento de matemáticas |
Bólas de Nadal do Dpto de Debuxo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario