20/01/21

DESPOIS DUN NADAL ATÍPICO,RETOMAMOS A ANDADURA NUN MES DE XANEIRO TAMÉN ATÍPICO. 

Comezou o mes de xaneiro.Todos tiñamos ganas de que rematase o fatídico ano do 2020,e 2021 vén con ganas de pelexar:temporais de neve,A COVID aínda moi presente nas nosas vidas,pero nós con ganas de resistir e de seguir facendo camiño.

E para comezar, o equipo de dinamización lingüística, propón un concurso de microrrelatos, cuxo tema sexa o inverno,estación na que estamos.  

As bases do concurso son as seguintes:

CONCURSO DE MICRORRELATOS:O INVERNO.

 

O EQUIPO DE EDNL ORGANIZA UN CONCURSO DE MICRORRELATOS CUXA TEMÁTICA SERÁ “O INVERNO”,INCLUÍNDO UNHA CATEGORÍA DE MICRORRELATOS ILUSTRADOS.

BASES DO CONCURSO:

1.   TEMÁTICA: O INVERNO.NO MICRORRELATO DÉBESE MENCIONAR A PALABRA “INVERNO”, OU FACER REFERENCIA Á ESTACIÓN.

2.   FORMATO: AS OBRAS TERÁN UNHA EXTENSIÓN MÁXIMA DE 33 PALABRAS.

3.   HABERÁ 3 CATEGORÍAS,DÚAS PARA ESO E UNHA PARA BACHARELATO.NO CASO DO ALUMNADO DE EPV E DO BACHARELATO DE ARTES TEÑEN QUE A COMPAÑAR O TEXTO DUNHA ILUSTRACIÓN.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS MICRORRELATOS REMATARÁ O 21 DE MARZO DO 2021

21/12/20

UN NADAL DIFERENTE... PERO NADAL

 Este é o lema que escollestes os alumnos do Ribeiro para resumir o noso estado de ánimo.


Chegamos ás vacacións do NADAL case sen decatármonos. 

Comezamos o curso con medo aos CONTAXIOS, con medo a un novo confinamento...

E aquí estamos, vendo as postais que fixestes en DEBUXO o curso pasado, cando tod@s viviamos, sen sabelo, un Nadal máis...



E que DIFERENTE é este ano!!!!


Estas bólas que ilustran as vosas postais seguro que van recheas de bos desexos para o ano 21!!!





E as ás seguro que nos permiten voar

para soñar coa fin da pandemia e a volta aos vellos costumes



VOEMOS, POIS, COAS NOSAS PROPIAS ÁS

E QUE O VOO NOS LEVE

E TRAIA OUTRA VEZ

AO PUNTO DE ONDE PARTIMOS,

PARA CONTINUAR AS NOSAS

VIDAS, coma se isto fose un soño...




BO NADAL!!!





17/12/20

INÍCIASE O AUDIOVISUAL "NOVAS VOCES PARA A LINGUA"

Conseguiremos é o título da serie que dá comezo ao proxecto Novas voces para lingua, que lanzan entre a Real Academia Galega (RAG) e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Compostela (USC), e que ten por obxectivo conectar a mocidade co idioma.     


Podedes ver aquí o video dos creadores do proxecto:

Conseguiremos é un proxecto que consta de cinco pezas audiovisuais,cuxos protagonistas son mozos e mozas que supoñen un exemplo da Galiza con máis talento,e que empregan o galego en todos os contextos da súa vida.
Formarán parte da serie,nestes cinco capítulos, os músicos Alejandro Guillán, Baiuca, e Laura Lamontagne, o director de cine Andrés Goteira, as actrices da Panadaría Teatro, a psiquiatra e divulgadora Iria Veiga e o xenetista Ángel Carracedo, e tamén a futbolista Vero Boquete, protagonista do primeiro capítulo cunha entrevista no estadio compostelán que leva o seu nome e que se pode ver na canle audiovisual da web da RAG.

                  

A deportista, entrevistada polo xornalista e tamén atleta Víctor Pérez Currás, recalca durante esta charla que "cada vez a xente recoñece máis o valor de ter unha lingua propia, somos máis conscientes".

12/12/20


 A figura e a obra á que a Academia lle dedica o Día das #LetrasGalegas é un referente no que podemos e debemos seguir traballando alén do ano da homenaxe", salientou o presidente da Real Academia Galega no pleno dedicado a #CarvalhoCalero. Víctor F. Freixanes reivindicou ademais o uso do galego en todos os espazos. "Nestes días en que volve a discutirse a utilidade dos idiomas e alguén quere reducir a cuestión a termos cuantitativos e excluíntes, a Real Academia Galega reivindica o uso e a presenza da nosa lingua en todos os ámbitos, como fixeron os precursores das Irmandades da Fala, os precursores de Nós: uso e presenza tamén no ámbito educativo, en todas as materias, sen excepcións, pensando moi especialmente nas novas xeracións, ás que debemos dotar de ferramentas e espazos de actividade para o seu desenvolvemento", expresou Víctor F. Freixanes. O presidente da Academia avanzou que a institución iniciou contactos con Euskaltzaindia e mais co Institut d'Estudis Catalans para "abrir un debate sincero e interesar a todo o Estado español nun patrimonio que quixeramos que se considerase común, un patrimonio –as linguas de España, que dicía o poeta vasco Aresti–, que nos compromete a todos e do que debemos sentírmonos copartícipes e orgullosos", engadiu. 

 Logo de varios adiamentos por mor da covid-19, a Real Academia Galega celebra este sábado no Paraninfo da Universidade de Santiago o día das letras galegas de Carvalho Calero.

Falamos co presidente da RAG, Víctor Freixanes. Se queres oír o podcast,fai clik aquí

10/12/20

O Grupo ODA estréase CONTRA a violencia de xénero

OS ALUMN@S DE  ARTES (ESCÉNICAS)  "Grupo ODA" (Organización Defensora da Arte) comezan os seus ataques escénicos contra a monotonía dos recreos.

O primeiro reto consistiu en DRAMATIZARMOS a canción 'Adeus' de Dante, que recrea a historia infelizmente repetida dunha parella que evoluciona do AMOR 💗inicial ata o MALTRATO e MORTE.

Nesta fase da dramatización o AMOR xa se transformou en MEDO


De esquerda a dereita e de pé: LARA, TEO, ANTÍA, IAGO e PAULA; en crequenas, tamén de esquerda a dereita, NEREA, CLARA, FAYNA, DANI, VANESA e ALDARA




PARABÉNS!!! 👏ESPERAMOS O PRÓXIMO ATAQUE🎭