INÍCIASE O AUDIOVISUAL "NOVAS VOCES PARA A LINGUA"
Conseguiremos é o título da serie que dá comezo ao proxecto Novas voces para lingua, que lanzan entre a Real Academia Galega (RAG) e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Compostela (USC), e que ten por obxectivo conectar a mocidade co idioma.
Podedes ver aquí o video dos creadores do proxecto:
Conseguiremos é un proxecto que consta de cinco pezas audiovisuais,cuxos protagonistas son mozos e mozas que supoñen un exemplo da Galiza con máis talento,e que empregan o galego en todos os contextos da súa vida.
Formarán parte da serie,nestes cinco capítulos, os músicos Alejandro Guillán, Baiuca,
e Laura Lamontagne, o director de cine Andrés Goteira, as actrices da
Panadaría Teatro, a psiquiatra e divulgadora Iria Veiga e o xenetista
Ángel Carracedo, e tamén a futbolista Vero Boquete, protagonista do
primeiro capítulo cunha entrevista no estadio compostelán que leva o seu
nome e que se pode ver na canle audiovisual da web da RAG.
A deportista,
entrevistada polo xornalista e tamén atleta Víctor Pérez Currás, recalca
durante esta charla que "cada vez a xente recoñece máis o valor de ter
unha lingua propia, somos máis conscientes".
Ningún comentario:
Publicar un comentario