07/12/20

 

 

Andrew Chichester, profesor en NYC: "Cada día estudo un pouquiño de galego"

 

Andrew Chichester é un profesor de educación infantil de Nova York que está estudando galego. Xa fala con certa soltura e incluso fai comentarios literarios, como a disertación da Escola Oficial de Idiomas da Coruña sobre Un lume azul, de Pedro Feijóo. 

"É a xente nova quen debe impulsar o idioma. Cada día estudo un pouquiño"

O galego, a nosa lingua, perde falantes. Isto é algo que,desgraciadamente vemos cada día, e se a xente nova non o remedia,algún día desaparecerá.Pero, de vez en cando, vén un soplo de aire fresco,como o de Andrew Chichester,un profesor de educación infantil de Nova York que está estudando galego,e que o fala sen prexuízos e  nos dá unha gran lección.

Escoitade o audio dunha entrevista que se lle fixo na radio galega,e deixade os vosos comentarios.Decide cal é a vosa opinión,que pensades deste feito,se vós notades que,efectivamente se fala menos galego, e que vos parece todo isto.

Se queredes escoitar o audio,facede clik aquí

06/12/20

 

 TAL DÍA COMA HOXE,NO ANO 1931,TIVO LUGAR UN ACONTECEMENTO IMPORTANTE PARA A CULTURA E PARA A SOCIEDADE GALEGA: A FUNDACIÓN DO PARTIDO GALEGUISTA.

 

O 6 de decembro de 1931 fúndase o Partido Galeguista. Na VII Asemblea Nacionalista celebrada durante o 5 e 6 de decembro no salón de festas do Hotel Madrid de Pontevedra acórdase a creación dun partido político que aglutinase o galeguismo. Constitúese deste xeito o Partido Galeguista e disolvéndose as Irmandades da Fala e defínense o modelo organizativo e os principais obxectivos. Nesta histórica asemblea de constitución acórdase reclamar por vez primeira na historia de Galiza o dereito de autodeterminación e márcase como primeiro obxectivo político do partido a redacción dun Estatuto de Autonomía. Alexandre Bóveda sería nomeado Secretario de Organización e Castelao eOtero Pedrayo formarán parte do Consello Executivo. O seu órgano de prensa foi A Nosa Terra. A Federación de Mocedades Galeguistas, sección xuvenil do Partido Galeguista, fúndase en xaneiro de 1934 contando con 1.000 afiliados. Formarán parte do PG toda unha xeración de nacionalistas que fixo posible a consecución do Estatuto de Autonomía de 1936. O 25 de xaneiro de 1936 aprobouse o ingreso do Partido Galeguista na Fronte Popular para concorrer nas eleccións xerais de 1936 con cinco candidatos galeguistas, Castelao, Bóveda, Xerardo Álvarez Gallego, Ramón Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte. Despois do golpe de estado do 36 o réxime fascista poñería o punto de mira nos membros do Partido Galeguista sendo asasinados moitos dos seus membros. Outros desde o exilio seguirán a súa liña chegando a constituír en outubro de 1944 o Consello de Galiza.


 

03/12/20

 

 

 Por fin chegou o derradeiro mes deste fatídico 2020, e son varios os días internacionacionais que se celebran.

Destacaremos uns cantos:

DÍA 1 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A SIDA. 

DÍA 3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

DÍA 10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.

DÍA 10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS ANIMAIS.

 

 

DÍA 1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA.


O día 1 de decembro celébrase en todo o mundo o Día Mundial da loita contra a SIDA. Foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo, e a razón de elexir esa data concreta foi por razóns de impacto mediático, ao ser o primeiro día do mes de decembro.

Neste día, fanse moitos actos de concienciación; moitas persoas saen á rúa cun lazo vermello, símbolo da loita contra a Síndrome de Inmunodeficiencia Humana ( SIDA, polas súas siglas en inglés ); grupos de persoas mobilízanse para recaudar fondos para a investigación e para dar o seu apoio e solidaridade ás persoas con SIDA.

Orixe do Día contra a SIDA.

A primeira vez que se celebrou o Día Mundial da loita contra a SIDA foi en 1988 e ,dende esa data, o virus xa matou a máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, o que supón unha das epidemias máis destrutivas da historia.

En 2020, a pandemia mundial da COVID-19 puxo de manifesto como as pandemias fan tambalear o noso modo de vida e , como a saúde está ligada a outros problemas fundamentais, como os dereitos humanos, a igualdade de xénero,o desenvolvemento económico e a protección social. Por iso , o lema do 2020 é: “Solidaridade mundial ,responsabilidade compartida”.

Que é a SIDA?

A SIDA é unha enfermidade causada polo VIH, un virus que ataca de maneira directa o sistema inmunolóxico , provocando que, a longo prazo , as persoas presenten serios problemas de saúde, como infeccións , así como enfermidades graves como o cancro e que pode terminar coa vida de quen o padece.

A SIDA converteuse nunha verdadeira pandemia mundial, que cobrou a vida de millóns de persoas, sendo o continente africano o que presenta maior número de infectados.

Como se contaxia o VIH?

Hai distintas maneiras de contraer o VIH. As persoas contáxianse a través do contacto sexual por medio das secrecións, o seme, tamén coa sangue e durante a lactancia materna. O corpo presenta feridas ou cortes;é bastante probable que o virus entre no sangue, ou cando as persoas sexan aditas a estupefacentes e compartan agullas ou xeringas. Por error humano ,unha persoa pode contraer o virus, se é punzado cunha agulla infectada.

Pola contra,o virus non é transmisible pola saliva,nin moito menos por empregar utensilios dun enfermos,compartir alimentos ou por darse un abrazo.

A prevención é o mellor tratamento contra a enfermidade.

A maneira máis segura de previr a SIDA é evitar o contacto sexual con persoas infectadas,e no caso de que o acto chegue a consumarse, sera preciso asegurarse de tomar as debidas medidas de protección.A primeira media á hora de intimar, é o emprego do preservativo duranto todo o acto sexual.Aínda que isto non garantice ao cen por cen que a persoa non contraerá o virus,hai menor risco de contaxiarse.

Outra forma de que o VIH poida ser transmitido é a través do emprego de xeringas de persoas aditas ás drogas e que tamén poidan ter o virus no seu organismo e transmitilo a través do sangue a unha persoa que non esté contaxiada.

No mundo hai 37 millóns de persoas que viven coa SIDA e unha cuarta parte descoñece que teñen o virus.É vital que unha persoa que reciba un resultado positivo, acceda a un tratamento antirretroviral para que poida tratarse, ter unha vida saudable e evitar a transmisión.

SIDA E COVID 19

Hoxe a humanidade está vivindo tempos difíciles .A pandemia da COVID-19 fainos lembrar outra pandemia que comezou unha cantas décadas atrás, como foi a aparición da SIDA que se cobrou a vida de millóns de persoas en todo o planeta e que aínda non se puido erradicar de forma definitiva.

Ante esta eventualidade ,que marcou un antes e un despois para todos os seres humanos, sen excepción de raza, sexo ou relixión, precísase,que, dunha vez por todas, as persoas entendan que é o momento de deixar a un lado a discriminación, os prexuízos e os estigmas non só ante os enfermos da SIDA, senón ante calquera condición ou padecemento coma o que hoxe se vive a escala mundial.

Ante a emerxencia sanitaria, sabemos que as persoas que teñen o VIH, son pacientes de máis alto risco, debido a que o sistema inmunolóxico é feble e atópanse máis vulnerables ante a COVID 19.

Por esta razón, é necesario tomar as precaucións necesarias como o correcto lavado de mans, evitar tocarse o nariz, boca e ollos, cubrir a cara coa máscara, e se é preciso estornudar ou tusir, facelo cubrindo a súa boca e nariz co cóbado dobrado.

O recomendable é quedarse en casa e ,se ten síntomas ,buscar axuda profesional.

Se queres saber algo máis sobre a SIDA, fai clikaquí.

 




DÍA 3 DE DECEMBRO : DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O  día 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da súa vida.

2020: Un día para todos.

No 2020, o lema da campaña é “Un día para todos”, e quérese facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para iso.

Que é a discapacidade?

Actualmente,o concepto de discapacidade baséase no modelo social, que pon o foco, máis ben, nas barreiras físicas e de actitude que restrinxen innecesariamente a participación plena e efectiva das persoas.

Dende esta perspectiva, unha persoa con discapacidade é aquela que,tendo unha ou máis deficiencias físicas, mentais,sexa por causa psíquica ou intelectual,ou sensoriais,de carácter temporal ou permanente,ao interactuar con diversas barreiras presentes no entorno,ve impedida ou restrinxida a súa participación plena e efectiva na sociedade,en igualdade de condición cos demais..

Por que un día para a discapacidade ¿

As persoas con discapacidade son a minoría máis ampla do mundo, e soen ter máis dificultades que outros colectivos en todos os niveis e,sobre todo, no acceso á educación, ao mercado laboral e a dificultades económidas.

E iso, débese á falta de recursos que lles faciliten a vida como acceso ao transporte,ao acceso á información, no caso da discapacidade sensorial .Todo iso,unido á discriminación social que, ás veces existe no seu entorno, e á falta de lexislación adecuada, fan que a vida das persoas con discapacidade sex amáis difícil.

Ademais, as persoas con discapacidade son máis vulnerables ante a violencia. Os nenos discapacitados teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas de actos violentos, igual que os adultos con problemas mentais.

A ignoracia é a causa da discriminación que existe en torno ás persoas con discapacidade xa que está totalmente demostrado que,unha vez eliminadas as barreiras e obstáculos á integración destas persoas, poden colaborar activa e produtivamente na sociedade.

Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

PEDRA DECORADA CON BRAILLE.

A Conveción sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006 e firmada por 180 países di:

“A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais”

E pide que as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade.

Solicita aos Estados que tomen as medidas apropiadas para darlles pleno acceso á actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos á súa integración.

Para saber máis sobre o día mundial da discapacidade , preme nesta ligazón.

 

 


30/11/20


 



                COMEZAMOS,UN POUCO MÁIS TARDE, PERO COMEZAMOS.


 Comezamos a andadura este curso 2020-2021,un pouquiño máis tarde do normal, pero é que nada é igual a outros cursos, neste ano de pandemia.

En primeiro lugar, hai cambio na xefatura de dinamización lingüistica, e, eu aínda estou ”aterrizando” no IES O RIBEIRO, polo que me levou un pouco poñerme ao día no que se levaba feito neste eido en cursos anteriores.

Pero como di o refrán: ”máis vale tarde que nunca”, e, aínda que as cousas van  ser, por desgraza, diferentes, a causa do coronavirus, que apareceu para cambiar de maneira considerable as nosas vidas ,iso non nos fai perder a ilusión, e temos, máis que nunca, ganas de traballar.

Comezamos o curso co calendario dinamiteiro, no mes de decembro, o mes de Nadal. Desde marzo, en que apareceu nas nosas vidas a COVID-19,chegado das afastadas terras de China, todo mudou, como dixen antes. E fíxoo, para peor, por desgraza: pasamos un confinamento, temos que manter a distancia social, usar mascara...o que nos leva a que, ás veces nos sintamos un pouco tristes e con ansiedade. Por esta razón, imos tratar de chegar ó Nadal con calma, e, por iso, propoñemos para cada día da semana, antes de marcharnos de vacacións, facer unha actividade que nos axude a relaxarnos, e a rematar o ano da mellor forma posible e, sobre todo, comezar o que vén, con enerxías renovadas

23/06/20

CLARA, FAYNA, PAULA e NEREA, GAÑADORAS DE LINGUA RODADA, CON 'SAUDADE'











Elas, CLARA, FAYNA, PAULA e NEREA, e só ELAS, alumnas do recén nado bacharelato artístico, foron quen de ver unha de entre as moitas historias que encerran as nosas aldeas espidas.

   A súa curta Saudade, protagonizada polo avó de Clara, Ángel Outumuro, resultou ser a gañadora do I certame Lingua Rodada,
creado polo cineasta Rubén Riós en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

PREME E SENTIRÁS 'SAUDADE'

Eran as finalistas desde marzo, xunto co IES Terra de Trasancos, de Narón e o IES A Cachada, de Boiro, e recibiron no IES unha mañá de formación a cargo de Rubén Riós e María Canosa (podes revisar este blog para seguires a súa historia). Foi a última xornada da vella normalidade, o 12 de marzo. Logo todo cambiou...

Mais as nosas catro heroínas VENCERON A DISTANCIA e DERROTARON a INSEGURIDADE, recibindo novamente formación, a distancia, a cargo de Rubén Riós (grazas, outra vez, Rubén 💓 )

REFORMULARON a súa historia, mellorárona e son as GAÑADORAS!!!!!

En palabras do xurado, Saudade toca con sensibilidade e unha gran dose de creatividade o drama da emigración, o desarraigamento, o retorno a unha Galicia despoboada, o amor saudoso polo que foi e xa non é. O protagonismo centrado nunha persoa da terceira idade permite visualizar este colectivo e empatizar con el, na procura da conexión interxeracional. A reflexión final, “Como soarán as campás do futuro?”, fainos cavilar no porvir do rural galego e no que podemos facer para mudar a situación actual.
 
 ACASO NON É UNHA PASADA??

PARABÉNS, SODES DINAMITEIRAS DE HONRA!!!!
💜💪👏😎


01/06/20

XUÑO... XA XUÑO?









 Parece incrible, pero xa estamos en xuño. Empezamos a fase 2 da desescalada, pasiño a paso, día a día, adaptándonos aos cambios que conleva a pandemia. O lado positivo é que non hai tantos exames 😅👍Estes últimos meses pasaron voando, non si?
Brais Domínguez de 1º de bacharelato, co seu xogo de perspectivas, ten o honor de despedir o calendario dinamiteiro deste curso, o 19-20, que pasará á historia porque tivemos que aprender a aprender (e aprender a vivir) desde a distancia...😷


Ide sinalando, día a día, o pouco que nos queda xa para rematar... Ánimo, ímolo dar todo nestas últimas semanas de curso!!!💪💪💪