18/02/20

CONCURSO DE DEBUXO E CONTO DOS CENTROS ADSCRITOS, "O MEU RIBEIRO"










OS DINAMITEIROS RETOMAMOS O CONCURSO DE DEBUXO E CONTO DIRIXIDO AOS CENTROS ADSCRITOS, "O MEU RIBEIRO"

Se tes un irmán, irmá, curmán, curmá, veciño, veciña... que estude Educación Infantil ou Primaria en Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Leiro, Beade, Cortegada, Quins... anímao/a a participar!!

O prazo de entrega é ata o 30 de marzo

Estas son as bases:

Modalidade de contos

1ª A elaboración do conto farase de maneira individual.
2ª A lingua a empregar é o galego.
3ª Os contos terán unha extensión máxima de un folio.

Os traballos poden estar escritos a man ou a ordenador. Terán como tema, ou estarán localizados nun lugar recoñecible da vila ou aldea na que vive ou estuda o/a alumno/a (unha igrexa, unha fonte, un campo da festa...)


         Nesta modalidade propoñemos unha categoría: 4º-6º primaria

 


Modalidade de debuxo

1ª A elaboración do debuxo farase de maneira individual.
2ª O formato será DIN-A3 máximo, mínimo DIN A-4. Sobre cartolina con marxe.
3ª O debuxo reproducirá un lugar, recanto, construción… emblemática ou recoñecible da localidade onde vive e/ou estuda @ alumn@ participante.
4ª Técnica libre (lapis, acuarela, témpera, colaxe…)


  Establecemos nesta modalidade tres categorías:
1. Educación infantil
2. 1º-3º primaria
3. 4º-6º primaria



Os premios entregaranse o 25 de xuño, data de visita dos centros adscritos ao IES e, 
ABOFÉ que serán publicados a toda cor neste blog!!!



CALIGRAMAS







@s estudantes de lingua galega e literatura de 4º de ESO están facendo caligramas que podedes ver no corredor da biblioteca

Os caligramas son poemas debuxados e


creáronos os poetas vangardistas...
... a principios do S.XX

13/02/20

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA








COMO SABEDES, ESTE ANO O DÍA DE ROSALÍA, 24 DE FEBREIRO, CADRA A LUNS DE ENTROIDO.

ASÍ QUE OS DINAMITEIROS ESTAMOS PREPARÁNDOLLE UNHA HOMENAXE PARA A VOLTA DO CARNAVAL

ANOTA NA TÚA AXENDA:  1º RECREO DO VENRES 28 DE FEBREIRO NO SALÓN DE ACTOS








 

05/02/20

FEBREIRO DE 2020 - CALENDARIO - CURIOSIDADES IMPORTANTES


Chegou con forza, este mes noso de Febreiro, sempre un pouco aloucado e con grandes contrastes térmicos que nos poñen un pouco a proba. Nel albiscamos xa o Entroido, cara ao final, e ímonos preparando...

Como curiosidade importante, recalcar que este ano, como é un ano bisesto, este febreiro ten 29 días, e lembrámosche que o día 29 se celebra o tan necesario día mundial das enfermidades raras. Facemos noso o lema deste importante día e lanzámolo con forza para telo sempre presente: “vacínate contra a indiferenza!”. 
Aínda que se escolleu simbolicamente este día especialmente “raro” como referencia, loxicamente cando o ano non é bisesto, é necesario dedicar outro día para concienciar sobre o tema, recaendo daquela no 28 de febreiro cando non hai 29. Mais información sobre este importante día premendo aquí.

Por outra banda, unha moi interesante cuestión sobre os anos bisestos é saber cando acontecen. Sabes calcular cando un ano é bisesto? Poida que non sexa tan evidente como a primeira vista poida parecer. Interesante cuestión para cavilar e resolver en clase. Adiante, paga a pena aceptar o reto!

Xuntamos o calendario do mes, para que non se nos escape ningunha data, coas fantásticas imaxes de recantos e pedras da vila, de Ángela Canitrot e Jorge Durán. Desfrutádeo.

    Saúdos dinamiteiros!
                  Calendario Febreiro