05/02/20

FEBREIRO DE 2020 - CALENDARIO - CURIOSIDADES IMPORTANTES


Chegou con forza, este mes noso de Febreiro, sempre un pouco aloucado e con grandes contrastes térmicos que nos poñen un pouco a proba. Nel albiscamos xa o Entroido, cara ao final, e ímonos preparando...

Como curiosidade importante, recalcar que este ano, como é un ano bisesto, este febreiro ten 29 días, e lembrámosche que o día 29 se celebra o tan necesario día mundial das enfermidades raras. Facemos noso o lema deste importante día e lanzámolo con forza para telo sempre presente: “vacínate contra a indiferenza!”. 
Aínda que se escolleu simbolicamente este día especialmente “raro” como referencia, loxicamente cando o ano non é bisesto, é necesario dedicar outro día para concienciar sobre o tema, recaendo daquela no 28 de febreiro cando non hai 29. Mais información sobre este importante día premendo aquí.

Por outra banda, unha moi interesante cuestión sobre os anos bisestos é saber cando acontecen. Sabes calcular cando un ano é bisesto? Poida que non sexa tan evidente como a primeira vista poida parecer. Interesante cuestión para cavilar e resolver en clase. Adiante, paga a pena aceptar o reto!

Xuntamos o calendario do mes, para que non se nos escape ningunha data, coas fantásticas imaxes de recantos e pedras da vila, de Ángela Canitrot e Jorge Durán. Desfrutádeo.

    Saúdos dinamiteiros!
                  Calendario Febreiro                       
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario