OS DINAMITEIROS RETOMAMOS O CONCURSO DE DEBUXO E CONTO DIRIXIDO AOS CENTROS ADSCRITOS, "O MEU RIBEIRO"
Se tes un irmán, irmá, curmán, curmá, veciño, veciña... que estude Educación Infantil ou Primaria en Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Leiro, Beade, Cortegada, Quins... anímao/a a participar!!
O prazo de entrega é ata o 30 de marzo
Estas son as bases:
Modalidade
de contos
1ª A elaboración do conto farase de maneira
individual.
2ª A lingua a empregar é o galego.
3ª Os contos terán unha extensión máxima de un
folio.
Os traballos poden estar escritos a man ou a
ordenador. Terán como tema, ou estarán localizados nun lugar recoñecible da
vila ou aldea na que vive ou estuda o/a alumno/a (unha igrexa, unha fonte, un campo da festa...)
Nesta modalidade
propoñemos unha categoría: 4º-6º primaria
Modalidade
de debuxo
1ª A elaboración do debuxo farase de maneira
individual.
2ª O formato será DIN-A3 máximo, mínimo DIN A-4.
Sobre cartolina con marxe.
3ª
O debuxo reproducirá un lugar, recanto, construción… emblemática ou recoñecible
da localidade onde vive e/ou estuda @ alumn@ participante.
4ª Técnica libre (lapis, acuarela, témpera,
colaxe…)
Establecemos nesta modalidade tres categorías:
1. Educación infantil
2. 1º-3º primaria
3. 4º-6º primaria
Os premios entregaranse o 25
de xuño, data de visita dos centros adscritos ao IES e,
ABOFÉ que serán publicados a toda cor neste blog!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario