A proposta que o MAGO RICHARD fixo para 1º e 2º de ESO consistiu en aunar maxia, ciencia, tecnoloxía e concienciar da importancia das MULLERES INVENTORAS.
E, ademais, EN GALEGO!!!
 |
| o alumnado en pleno espectáculo |
Así viviron a xornada de maxia os alumnos e alumnas de 1 ESO C:
"A
tarde do luns 16 de decembro o mago Richard veu ao IES O Ribeiro e fixo
un espectáculo de maxia e ciencia. Explicounos cos seus trucos o valor
das mulleres no mundo da ciencia: Doña Angelita, Marie Curie,
Tereshkova...
O truco que máis nos gustou foi o do burato negro:
colleu dous papeis de cor negra e dous aros, xuntounos e fixo un burato
no papel e empezou a saír cinta de moitas cores. Así devolveulles a luz
ás estrelas.
Gustaríanos que volvera".
 |
| Podemos ver proxectadas as imaxes de grandes inventores e inventoras que o mago integra no espectáculo |