Comezamos outro mes,o de febreiro,o máis curto do ano.A xornada preséntase gris,chuviosa,e as noticias, por desgraza,continúan sendo grises, por non dicir negras.Pero nós queremos que neste recantiño,non haxa nada de negrura,senón que se albisque un pouquiño de luz, e por iso imos seguir traballando.
COMO APERITIVO, UN REPASIÑO A ALGÚNS DOS DÍAS INTERNACIONAIS QUE SE CELEBRAN ESTE MES.O MÁIS SONADO É,SEN DÚBIDA, O 14 DE FEBREIRO,SAN VALENTÍN.
Día dos Namorados, ou Día de San Valentín.
ÍNDICE DE TEMAS:
💕Por que se celebra o día de San Valentín?
💕O día de San Valentín en diferentes partes do mundo.
Cada 14 de febreiro, celébrase en moitas partes do mundo o Día dos Namorados ou Día de San Valentín, momento no que o amor toma protagonismo e sucédense esceas románticas por todos os rincóns do planeta. Os namorados fan regalos ás súas parellas, pídese matrimonio por todos os rincóns do planeta e as redes sociais énchense de frases de amor e tamén de memes sobre o día dos namorados, algúns deles moi imaxinativos e divertidos.
A pesares da fama comercial desta celebración, a orixe do Día dos Namorados, vén de moi antigo. Continúa a ler, e contarémosche a razón pola que se celebra o Día de San Valentín, en que data se celebra en distintas partes do mundo e os costumes asociados a este día tan relevante no calendario mundial.
POR QUE SE CELEBRA O DÍA DE SAN VALENTÍN?
Trátase dunha festividade relixiosa, ou máis ben podemos dicir que a igrexa se apropiou dela, xa que se coñece por lo nome dun santo. E non se trata dun santo calquera, senón dun que se rebelou ao poder no seu momento e sufriu as consecuencias por iso.
Resulta que, na Roma do século III, o emperador Claudio II decidiu prohibir os matrimonios dos xoves, considerando que os solteiros sen familia eran mellores soldados ao non ter vínculos sentimentais nin ataduras de parella. Tampouco hai que obviar o feito de que nesta época o cristianismo foi prohibido en Roma.
Un sacerdote chamado Valentín considerou que isto era un error e decidiu saltarse a orde e casar en segredo a todos os xoves namorados que así o quixeran. Ao enteirase o emperador deste acto de rebeldía sentenciou a morte do sacerdote Valentín un 14 de febreiro do ano 270
O DÍA DE SAN VALENTÍN EN DIFERENTES PARTES DO MUNDO.
O Día de San Valentín ten orixe europea e, en moitos países de Europa, coñécese como o Día Internacional dos Namorados, como ocorre en España, Francia ou Bélxica. Porén, non todos os países celebran San Valentín o mesmo día nin teñen os mesmos costumes. Falaremos dalgunhas curiosidades.
💞En moitas partes do mundo, como en Bolivia, ao Día dos Namorados, coñéceselle como Día do amor e da Amistade, e celébrase o 21 de setembro, coincidindo co primeiro día da primavera, cando as parellas se regalan flores e tarxetas. O 14 de febreiro, non é un día para festexar, xa que coincide coa invasión de Antofagasta que inición a Guerra do Pacífico.
💞En Centroamérica si se celebra o 14 de febreiro, pero coñécese como Día do amor e da amistade, ou Día do cariño, e está enfocado, máis ben á amistade.
💞En Xapón, o Día de San Valentín celébrase dende o ano 1958, impulsado por unha empresa de chocolates, e a tradición é que as mulleres regalen chocolate a todos os homes, incluíndo aos seus compañeiros de traballo, aínda que reservan o mellor chocolate para a súa parella. E un mes despois, en marzo, os homes devolven ás mulleres o detalle, no coñecido como Día Branco, regalándolles cousas de cor branca, como chocolate branco ou roupa interior desta cor.
66 comentarios:
Non teño ás para ir ao ceo, pero teño palabras para dicir que te quero.
M.G.v 1ºESO C
Querido can, xa sei que ás veces, pelexamos,pero...QUERÍA DICIRCHE QUE DESEXO QUE VIVAS PARA SEMPRE,AÍNDA QUE O TEMPO PASA RÁPIDO.
BIQUIÑOS.
C.C.P. 1º ESOC
Un bo amigo, que nunca faltaches,
que non me traizoaches,
e,se algunha pelexa tivemos
xa me perdoaches.
MAG 1ºESOC
O meu gatiño,
tan pequerrechiño
pero moi peludiño
cando espaches,
medo tiña
pero,ao final,
encontreite nunha viña.
MAG 1º ESOC.
O 14 de febreiro farei cea para dous...así non terei que cociñar ao outro día.
J.G.S.M
1ºESO C
Estou perdida: dásme o teu enderezo para chegar ao teu corazón?
S.G.A.B.
1º ESOC
Vou pasar o San Valentín ao estilo Han Solo
Por que Cupido usa cueiros?
Será porque sempre a caga.
M.S.G 1º ESO C
O amor non se ve cos ollos. Séntese co corazón.
Penso no seu amor cando vexo o bonito da flor.
M.G.M 1º ESO C
O día dos namorados,
o día do amor,
foi o día que te coñecín
meu sol.
14 de febreiro
un día de ledicia,
para celebrar o amor
coa xente que tes
no teu corazón.
Branca lúa,
escuro sol,
que a miña vida es ti
amor.
A.F.R 1º ESOC
Acércase o 14 de febreiro, hai que usar máscara, porque o amor está no aire.
X.F.M 1º ESO C
Os namorados teñen un día e os solteiros 364.
Odias estar solteiro en San Valentín, pero encántache estalo no entroido.
D.F.R 1º ESO C
O amor non se ve nos ollos, senón no corazón.
A parella perfecta non é a que non ten problemas, é a que, a pesar de todos os obstáculos, sempre permanecen unidos.
Quería encontrar o amor, e foi o mellor, porque te encontrei a ti.
A.R.L 1º ESOC
Un bo amigo, que nunca faltaches,
que non me traizoaches e,
se algunha pelexa tivemos
xa me perdoaches.
O meu gatiño
, tan pequerrechiño
pero moi peludiño
cando escapaches
medo tiña,
pero ao final,
encontreite nunha viña
M.A.G. 1º ESO C
Se non tes nada na vida, pero tes un bo amigo, tes moito no que confiar, e xa es rico.
L.C.P. 1º ESO C.
Querido can:
Sei que ,ás veces, nos pelexamos, pero...
quería dicirche que desexo que vivas para sempre,
aínda que o tempo pasa rápido.
BIQUIÑOS.
C.C.P. 1º ESO C
Os namorados teñen un día...
Ah, pero os solteiros temos 365.
O 99% dos meus calcetín non teñen parella, e non choran toda a vida.
O 14 de febreiro non publico nada en instagram, para facer pensar que saín con alguén.
L.S.H.E 1º ESO C.
O 14 de febreiro non gasto diñeiro...
Sabes por que?
Porque estou feliz e solteiro.
Que bonitos ollos tes
tan redondos como o sol
parécense aos ceros
que me pon o profesor.
I.D.R. 1º ESOC.
`Neste día dos namorados,envíoche unha rosa, unha aperta moi gande, e o meu corazón.
I.D.L 1ºESO D
O teu amor é o que me dá forza para seguir adiante, para derrotar exércitos por un bico teu, derrubar muros por unha aperta e destruír dragóns.
ES A MIÑA RAZÓN PARA VIVIR.
U.L.S 1ºESO D.
O AMOR é como o vento, non o podes ver, pero pódelo percibir.
M.R.F. 1º ESO D.
O amor é como a vida, inesperada, e nunca sabes cando vai acabar.
I.F.D. 1º ESO D.
-Que farás este 14 de febreiro?
-Agardar a que chegue o día 15.
A.V.P 1º ESO D.
Vouche regalar un abazo e un bico, aínda ue non sexa Nadal nin o teu aniversario.
B.G.D.1º ESO D.
-Amor, vou durmir, quérote.
-Eu tamén.
-Tamén me queres?
-Non, que eu tamén vou durmir.
B.R.F. 1º ESO D.
Aínda despois de tanto tempo,segues sendo ti en quen penso cando me din: "PIDE UN DESEXO".
I.V.A.1º ESO D
O amor é moi bonito, pero é máis se estou contigo, ao teu carón, porque quérote moito, e por iso loito.
A.R.L. 1º ESO D.
En San Valentín quero encherte de agasallos e bicos.
A.M.P. 1º ESO D.
Que o amor abunde neste día con moita alegría e felicidade.
A.A.P. 1º ESO D.
Es a maneira que ten o mundo, de dicirme o bonita que é a vida.
A.F.V. 1º ESO D.
O amor non fai
xirar o mundo
fai que a viaxe
valla a pena.
R.V.R.1º ESO A
O amor é como a guerra
doado de comezar
pero moi difícil pasar.
L.A.P.B. 1º ESO A
Ao mellor non podo darche o mellor do mundo, pero ten por seguro que terás o mellor de min.
L.V.F 1º ESO A
Podería dicirche que te quero ata a fin dos meus días, pero iso nunca expresaría o que por ti sinto.
V.S.B 1º ESO A.
-AMIGO:Xa sabes o bo do 14 de febreiro?
-EU:Non.
-AMIGO:Que as tendas estarán cheas de chocolate.
R.C.G.1º ESOA
O 14 de febreiro sairei a atropelar a alguén para sentir que alguén morre por min.
A.G.F. 1º ESO A
Unha amizade non medra pola presenza das persoas, senón pola maxia de saber que, anque non as vexas,lévalas no corazón.
A.F.C.1º ESOA
Non teño ás para ir ao ceo, pero teño para ir ao ceo, pero teño palabras para cicirche que te quero.
L.R.D. 1º ESO A
Hai xente que o 14 de febreiro vai estar cos seus namorados, pero eu vou estar na miña casa vendo películas románticas.
L.G.R. 1º ESO A
O amor é máis que un sentimento,
amor é algo especial,
amor é o que sinto
cando estou ao teu carón.
N.S.L. 1º ESO A
Eu non sei como Cupido é tan famoso, se vai cravándolle frechas á xente.
E.S.A 1º ESO A.
Ti es o meu amigo: aprézote,quérote e espero que estés ben.
J.A.A.G. 1º ESO A
FUCHES,ES E SEMPRE SERÁS, A MIÑA MÁIS FERMOSA CASUALIDADE.
K.G.A 1º ESO A.
Por que escribirlle un relato a outra persoa, se o podo escribir a min mesmo? En conclusión: QUÉROME MOITO.
R.R.J. 1º ESO A.
Eu non penso que vou estar soa o 14 de febreiro, penso que vai estar alguén sen min.
U.T.R. 1º ESO A
Intentei namorar unha rapaza o 14 de febreiro, pero deille a mensaxe ás 0:00h do día 15.
G.R.S. 1º ESO A.
O mundo é incrible, pero contigo é un soño, por iso,quería pasar este San valentín, e millóns máis contigo.
B.R.C. 1º ESO B.
Es a miña parte favorita do día.
D.L.M.P. 1º ESO B.
Cando me din que pida un desexo, o primeiro que se vén á cabeza, é a túa cara.
Xa teño todo na miña vida, porque chegaches ti: o meu mellor amigo.
X.L.A 1º ESO B.
Coñecerte non foi algo bo, foi o mellor da miña vida.
S.D.J.C 1º ESO B.
Ámote en cores que non se viron.
V.G.B.A. 1º ESO B.
O meu amor só pertence a unha persoa: esa persoa es ti.
Á.R.S.1º ESO B
Os amigos valen ouro, así que non sexas tonto e... VÉNDEOS.
A.V.F. 1º ESO B
Dixéronme: "Vai por todo",e fun por TI
A.C.F.J
1ºESOB
O meu corazón é perfecto porque TI estás dentro del.
A.D.M. 1º ESOB
Fomos un conto curto que lerei mil veces.
A.P.C. 1º ESOB
Se unha cidade fose o que sinto por ti, faltarían casas para habitar persoas.
D.F.E. 1º ESO B
PARA O MEU AMOR:
Quero que saibas que es coma o sol que me ilumina para ser unha mellor persoa.
A.P.G. 1º ESO B
Es o mellor amigo desde hai cinco anos:QUÉROTE COLEGA.
G.A.R.R. 1º ESO B.
O sol ilumina o día, a lúa ilumina a noite, pero TI ilumínasme a vida.
I.G.F. 1º ESO B.
Tómate un momento para apreciar o incrible que es.
M.B.L. 1º ESO B.
Podería dicirche un millón de cousas cursis, pero para CURSI XA ESTÁS TI.
En outubro imaxineime este 14 de febreiro contigo, e vou estar máis só ca ninguén.
A.D.G.1º ESO B
Non lle rompas a ninguén o corazón que só ten un, rómpelle os ósos que ten 206
K.F.L 1º ESO A
Publicar un comentario