Este venres 12 de febreiro, malia as restricións que vivimos, o IES O Ribeiro
palpitaba enerxía!!!
Irene, Anezka, África, Lara e Natalia, mensaxeiras solidarias
Durante máis de unha semana membros da asociación xuvenil RIPPA AVIE,
xunta compañeiros e profes do IES confeccionaron rosas vermellas, pendentes e colgantes
para recadar fondos para o banco de alimentos.
A iniciativa foi un éxito.
E daba gusto ver polos corredores do centro os mensaxeiros de Cupido repartindo
mensaxes e agasallos de amor e solidariedade.
PARABÉNS!!!!
Esta é a mensaxe que
publicaron nas súas redes sociais:
Hoxe, día de San Valentín, queremos agradecer
a todos os nosos compañeiros, compañeiras, profesores e profesoras pola
participación na actividade que organizamos dende a Asociación Xuvenil e Banco
de Alimentos Rippa Avie por San Valentín. Recibimos un gran número de encargos e
a consecuencia un número moi significativo de diñeiro recadado, que irá
destinado a FINS BENÉFICOS. Dende a asociación, tamén queremos agradecer a todos
os nosos compañeiros e compañeiras que sen ser membros da asociación
involucráronse para facer os encargos, de maneira desinteresada. Por último
agradecemos o apoio das nosas profesoras de debuxo, Chus e Maite e da
nosa profesora de música Cristina, que sempre estiveron dispoñibles para
axudarnos a facer os pedidos e a que todo estivese listo e preparado. Moitas
grazas a todos e a todas!!! Feliz San Valentín!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario