Dende o ano 1986, cada 21 de xaneiro,celébrase o Día internacional do abrazo.Comezouse a celebrar nos Estados Unidos, por iniciativa de KEVIN ZABORNEY.Este estadounidense,preocupado polas poucas mostras de afecto que realiza a xente en público incluso cos membros da familia,pensou en crear unha festividade que lles brindase unha excusa de facer algo que a todos nos gusta, que é dar e recibir abrazos.
PRINCIPAIS BENEFICIOS QUE NOS APORTAN OS ABRAZOS.
Ademais de dar confort,de ser quentiños e en ocasións poñernos o corazón a mil por hora,os abrazos aportan moitos beneficios para a saúde, tanto física como psicolóxica.Entre os seus principais aportes están os seguintes:
😀 Aportan seguridade: O ser humano é moi fráxil por natureza, sobre todo cando somos bebés, así que unha boa dose de abrazos nos axuda a sentirnos seguros e confiados.
😃Provoca placer: Cada vez que abrazamos a alguén ou nos abrazan, o noso cerebro segrega
dúas substancias que son a dopamina e a serotonina, ambas reducen o estrés e xuntas proporcionan calma, tranquilidade e sosego.
😃 Cobre necesidades afectivas: Unha persona
necesita diariamente 14 abrazos para sentirse plenamente querido. As
persoas que non amosan afecto sofren dalgo que en psicoloxía se
coñece como fame de pel e non é máis que a necesidade de contacto
humano.
😃 Permiten funcionar da mellor maneira:Cada abrazo axuda a centrarnos e manternos felices e funcionais cada día.
😃A mellor cura contra a timidez: Permite ás persoas tímidas entrar en confianza,ser máis abertos, espontáneos e seguros de si mesmos.
😃Diminúe a presión arterial:As persoas que non teñen moito contacto físico posúen unha frecuencia cardíaca e unha presión arterial moito máis alta que as persoas que reciben abrazos de maneira máis frecuente.
Cómo celebrar el Día Internacional del Abrazo.
Debido á pandemia da COVID-19, a partir do ano 2020, o abrazo se fíxose moito máis esquivo e complicado, polo menos para as personas que
non conviven connosco . O medo ao contaxio e as recomendacións das autoridades sanitarias reduciron ao abrazo á mínima expresión.
Porén, animámoste a que manifiestes o teu desexo de abrazar ás túas
persoas queridas, familiares e amigos, xa sexa cun xesto ou con
palabras de cariño. Polo menos ata que poidamos retomar este costume
tan san.
Ningún comentario:
Publicar un comentario