23/01/21

O DÍA 24 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN:

O 24 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación, unha data procalamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o planeta da importancia da educación para conseguir os obxectivos do Desenvolvemento sostible.Concretamente o Obxectivo número 4 establece unha Educación de Calidade.



EMOTIVA HISTORIA DUNHA RAPAZA E O SEU AVÓ QUE SE EMBARCAN HACIA A AVENTURA DE APRENDER.

En realidade, a educación é a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente.A educación aumenta a produtividade das persoas e,como consecuencia, as posibilidades de medrar economicamente.Fai que as persoas traballen no que lles guste e no que son bos, e inflúe directamente na felicidade das persoas.Porque unha persoa realizada é unha persoa feliz.
Por iso a educación axuda a erradicar a pobreza e a fame, contribúe a mellorar a saúde, promove a igualdade de xénero e pode reducir a desigualdade.En fefinitiva fai sociedades mellores.

O Dereito a Educación é un dereito humano.

 DATOS NEGATIVOS SOBRE A EDUCACIÓN NO MUNDO.

A pesar de que todos parecen estar dacordo neste tema, aínda hai moitar carencias e os datos fan pensar que queda moito traballo para conseguir o acceso de todos a unha educación de calidade.

👉No mundo hai aproximadamente 258 millóns de nenos e xoves sen escolarizar.

👉617 millóns de nenos e adolescentes non saben ler nin teñen coñecementos básicos de matemáticas,o mínimo para defenderse na vida cotiá.

👉Nos países en desenvolvementos o 91% dos nenos matricúlanse na escola  pero deles, 57 millóns de nenos non asisten á escola.

👉Africa subsahariana ten o récord de nenos sen escolarizar.

👉Os conflitos e as guerras impiden que os nenos asistan ao colexio.

👉Os nenos refuxiados tampouco poden asistir,alcanzando a cifra de 4 millóns.

TEMA DE 2021:RECUPERAR E REVITALIZAR A EDUCACIÓN PARA A XERACIÓN COVID-19

Durante o confinamento pola pandemia da COVID-19 afectou ao mundo enteiro, a educación foi un dos aspectos máis afectados,xa que millóns de nenos non puideron ir á escola, e supuxo a falta de escolarización para nenos e nenas máis vulnerables, sobre todo nos países pobres e con falta de recursos.

Aínda que se fixeron verdadeiros esforzos pola educación,en moitos países foi imposible unha educación de calidade a distancia.

Así, neste 2021,o lema do Día Internacional da Educación, céntrase na recuperación e a revitalización para unha xeración enteira que se viu afectada.



Ningún comentario:

Publicar un comentario