08/03/21

8 de marzo. O Grupo 'ODA' de Artes escénicas versiona o MALTRAER das Tanxugueiras

 

Cartel anunciador da actuación

O Grupo ODA de 2º de bacharelato de artes fixo este 8 de marzo, día internacional da muller, unha INTERVENCIÓN  para distraer o recreo.

 

A ACTUACIÓN consistiu nunha RECREACIÓN  do tema MALTRAER  das pandereiteiras e cantareiras TANXUGUEIRAS

Nerea, Lara, Antía, Vanesa e Dani estaban invitados ao casamento. Guapas e guapo como merece a ocasión

Paula, Fayna e Clara son as nosas particulares Tanxugueiras. Non teñen nada que lles envexar ás orixinais. Como se pode aprezar, a mañá ía fresquiña...

Neste casamento o noivo, Teo, lanzou o chapeu. A noiva, Aldara, quedou co ramo

Paula, Clara e Fayna prepáranse como Deus manda. Elas poñen voz a tantas mulleres sufridoras ...

Cando teñamos un vídeo e unha reportaxe de voda que sexan ben xeitosos, publicarémolos...

 

QUE VIVAN OS NOIVOS!!!

07/03/21

💪 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

ÍNDICE DE TEMAS:

💻VÍDEO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER;SOMOS A #XERACIÓNIGUALDADE.

💻POR QUE SE CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER ?

💻ORIXE E CRONOLOXÍA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.💻💻

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade , a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. Celébrase en moitos países do mundo. Nalgúns destes  países é festa nacional.


A forza que consegue un movemento de mulleres en todo o mundo traspasa fronteiras, diferenzas culturais, económicas, ideolóxicas e de cualqera tipo. As mulleres unidas teñen o poder de cambiar o mundo e lograr a igualdade en todos os ámbitos da sociedade. Por iso, queremos contribuír con este artígo ao coñecemento sobre o Día Internacional da Muller.

💻 POR QUE SE CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER?

Se hai algún colectivo que sabe de loita, ese colectivo son as mulleres. Só hai que botar a vista atrás para ver lo que conseguiu  a muller en só 100 anos, o que se  avanzou. Pero aínda queda moito camiño por percorrer.

O movemento do 8M faise cada ano máis forte e  sábese poderoso, como cada unha das mulleres individuais que lo compoñen. Grupos, asociacións, fundacións, ONXs e mulleres en xeral seguen loitando cada ano por acabar cos acosos, asasinatos de mulleres, violencia de xénero, brecha salarial e as desigualdades en todas as súas formas.


CADA VEZ É MAIOR A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES NA CIENCIA E NA TECNOLOXÍA.

Tamén se unen moitos homes á causa, porque a igualdade de xénero beneficia a toda a sociedade. Porque o destino dos homes e as mulleres está unido.

Ata que non se consiga unha igualdade de xénero efectiva, seguirase celebrando o Día Internacional da Muller.

💻ORIXE E CRONOLOXÍA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

O Día Internacional da Muller foi promulgado pola ONU en 1.975 pero se celébrase desde moito antes. A continuación,  mostrámosche a cronoloxía e antecedentes do 8 M, unha loita imparable de máis de cen años de historia.

Ao comezo desta cronoloxía, as mulleres reclamaban dereitos básicos como poder votar nas eleccións, dereito a ocupar posicións de responsabilidade en política e na sociedade en xeral, dereito ao traballo, poder estudar.

Xa na actualidade, el Día Internacional da Muller emprégase para reivindicar estes dereitos básicos nos países menos desenvoltos, e outros dereitos más avanzados nos países desenvoltoss. Todo iso para chegar a unha igualdade efectiva co home.

Esta es la cronología de Día Internacional de la Mujer en el mundo:

1909: Celébrase en Estados Unidos o Día Nacional da Muller, e continúa a celebrarse ata 1913, coincidindo co último domingo de febreiro.

1910: A Internacional Socialista reúnese en Copenhague e proclama o Día Internacional da Muller para axudarc a conseguir o sufraxio feminino universal e outros avances. A proposta de Clara Zetkin, se estableceuse a data do 8 de marzo para celebrar este día por primeira vez, aínda que  non se dixoo cuando se empezaría a celebrar.

También en 1910, en España, a partir del 8 do marzo de 1910, a muller puido acceder ás  Ensinanzas Superiores en igualdade de condicións co  home.

1911: Como consecuencia da reunión de Copenhague do ano anterior, se celébrase por primera vez o Día Internacional da Muller en parte de Europa: Alemania, Austria, Suíza e Dinamarca.  Celébrase o 19 de marzo. E  pídese o dereito de voto, o dereito a ocupar cargos públicos por parte das mulleres, á formación profesional e ao traballo. En definitiva, melloras básicas.

O  25 de marzo de 1911 produciuse un tráxico incendio na fábrica Triangle Shirtwaist de Nueva York, onde morreron 123 mulleres e 23 homes por non poder saírr do edificio. Este feito tivo moita repercusión na lexislación laboral americana y en celebracións posteriores do Día Internacional da Muller.




02/03/21

ESTREAMOS MES, E CON EL, CELEBRAMOS ALGUNHAS DATAS SINALADAS, DAS QUE DESTACAREMOS :

💪8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

💓 19 DE MARZO:DÍA DO PAI

😂   20 DE MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA FELICIDADE.

🌴        21 DE MARZO:DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.

📃21 DE MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA.

🌊22 DE MARZO:DÍA MUNDIAL DA AUGA.



28/02/21

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

 

 No IES O RiBEIRO Celebramos o décimo DÍA DE ROSALÍA.

🌹





A Asociación de Escritores en Lingua Galega propuña CANTÁRMOSLLE, nós a ela, que tanto e tan ben cantou para nós, como medio de LIBERACIÓN nestes tempos sen aire e ISO FIXEMOS no IES.



A sensibilidade na voz de NEREA ALVES DÍAZ (1º Bac A) e o oficio de Iago Francisco Fírvida (2º Bac B) deron como resultado este persoal 'Negra sombra con timbre',

para recibirvos a tod@s e para darlle os PARABÉNS  a ROSALÍA, no seu 184 aniversario.




Cada ano que pasa, máis MOZA vas!!!



O programa da tarde da Radio Galega empregou como fondo para informar sobre as actividades do día na nosa provincia a nosa 'Negra sombra con timbre'


Feliz Día de Rosalía para tod@s!!!



27/02/21

 O NOSO ALUMNADO DE 1º ESO, MAGNÍFICOS CREADORES DE HAIKUS.VELAÍ VAI UNHA MOSTRA.















16/02/21

POR FIN ESTÁN ELEXIDOS OS VOSOS MEMES,DITOS OU FRASES RELACIONADAS CON SAN VALENTÍN.E OS MÁIS VOTADOS FORON: 


1º ESOA:

Hai xente que o 14 de febreiro vai estar cos seus namorados, pero eu vou estar na miña casa vendo películas románticas
L.G.R
Eu non penso que vou estar soa o 14 de febreiro; penso que vai estar alguén sen min.
U.T.R
Non lle rompas a ninguén o corazón que só ten un,rómpelle os ósos que ten 206
K.F.L

1º ESO B

Es a miña parte favoríta do día.
D.L.M.P.
Ámote en cores que non se viron.
V.G.B.A.
Dixéronme:"Vai por todo", e fun por TI.
A.C.F.D.J

1º ESO C
Un amigo que nunca faltaches
que non me traizoaches e,
se algunha pelexa tivemos
xa me perdoaches.
M.A.G.

O 14 de febreiro non gasto diñeiro
Sabes por que?...
porque estou feliz e solteiro

Que bonitos ollos tes
tan redondos como o sol
parécense aos ceros
que me pon o profesor.
I..D.R.
Vou pasar o San Valentín ao estilo Han Solo.

Por que Cupido usa cueiros?
Será porque sempre a caga.
M.S.G.

1º ESO D:
-Que farás este 14 de febreiro?
-Agardar a que chegue o día 15
A.V.P.
-Amor, vou durmir, quérote.
-Eu tamén.
-Tamén me queres?
-Non, eu tamén vou durmir.
B.R.F.


PARABÉNS💝




O PRÓXIMO 24 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA.UNHA FIGURA DESTACADA DAS NOSAS LETRAS.AQUÍ TES UN BREVE VIDEO QUE TE APROXIMARÁ Á SÚA

BIOGRAFÍA.

COMA TODOS OS ANOS, VARIAS ASOCIACIÓNS SÚMANSE Á CELEBRACIÓN DESTE DÍA, PERO AS CONMEMORACIÓNS ESTE ANO ESTÁN CONDICIONADAS POLA PANDEMIA DA COVID.19

ENTRE ESTAS ASOCIACIÓNS,A DOS ESCRITORES EN LINGUA GALEGA (AELG).SE QUERES SABER ALGO SOBRE AS ACTIVIDADES QUE CELEBRARÁN ESE DÍA, FAI CLIK AQUÍ.

TAMÉN A FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO,CONMEMORA ESTE DÍA,SEN ACTOS PÚBLICOS, TODO MEDIANTE AS REDES.