O Grupo ODA de 2º de bacharelato de artes fixo este 8 de marzo, día internacional da muller, unha INTERVENCIÓN para distraer o recreo.
A ACTUACIÓN consistiu nunha RECREACIÓN do tema MALTRAER das pandereiteiras e cantareiras TANXUGUEIRAS
Nerea, Lara, Antía, Vanesa e Dani estaban invitados ao casamento. Guapas e guapo como merece a ocasión |
Paula, Fayna e Clara son as nosas particulares Tanxugueiras. Non teñen nada que lles envexar ás orixinais. Como se pode aprezar, a mañá ía fresquiña... |
Neste casamento o noivo, Teo, lanzou o chapeu. A noiva, Aldara, quedou co ramo |
Paula, Clara e Fayna prepáranse como Deus manda. Elas poñen voz a tantas mulleres sufridoras ... |
Cando teñamos un vídeo e unha reportaxe de voda que sexan ben xeitosos, publicarémolos...
QUE VIVAN OS NOIVOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario