22/05/20

FINAL (PANDÉMICA) DE LINGUA RODADA








Moi boas! Os Dinamiteiro@s intentamos con todas as nosas forzas afacérmonos á nova normalidade... Mantemos a distancia de seguridade e vémonos e lémonos a través de pantallas con maior ou menor resolución...

O certame Lingua Rodada, convocado pola SXPL (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e o cineasta Rubén Riós segue adiante, malia as dificultades da situación💪 e iso que significa?

Que velaquí temos as nosas catro finalistas, Clara, Fayna, Paula e Nerea, de 1º Bac C, mantendo videoconferencia con Rubén Riós, quen as guía neste último traxecto do camiño 😀

Clara, Rubén, Paula, Nerea e Fayna. Toman notas e pensan unha curta que chegue aos nosos corazóns

 Agora teñen que reformular o seu vídeo, Saudade. Contar unha historia en 4 minutos que nos atrape e ... 
o 10 de xuño darase a coñecer o traballo gañador (os outros finalistas son o IES de  Boiro e Narón, parabéns a eles, abofé).

Os Dinamiteiros dicimos que... 
           tanto ten quen gañe...o camiño e a aprendizaxe é o que nos importa!!!   


Clara, Fayna, Nerea, Paula, contades con todo o noso apoio. Ánimo! Sabemos que estades gozando desta oportunidade e nós sentimos ORGULLO DE VÓS!!!💗💜      

18/05/20

POEMAS ILUSTRADOS PARA AS NOSAS LETRAS










Aos dinamiteiros o confinamento séntanos regular, 😏coma a todo o mundo.
Menos mal que o departamento de debuxo mantén ben alta a creatividade e vós, alumn@s ribeiraos de DEBUXO ARTÍSTICO I e II, estades sempre á altura das nosas expectativas, facendo estes traballos tan chulos!!!
Como estrañamos as clases! Como vos estrañamos a vós😢 ...!!! 
Que este blog sexa a parede da entrada do Ribeiro, onde toca agora expoñer os vosos traballos. 
PARABÉNS!!!

Noe Fernández, Envellecer
 Estas caixas conteñen fermosos poemas de Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Martín Códax, Ana María Fernández, Xoán Carlos Domínguez Alberte, mesmo García Lorca...
Aldara Vázquez, A. Soneto no alfabeto
Noemí Fernández pensou en Martín Códax, Ondas do mar de Vigo
Andrea Álvarez, Eu en ti
Ánxela Lorenzo, Envellecer
Ángel G. Kowalska, Natureza
Ángela Bruquet, Unha vez tiven un cravo
Daniel Acosta, Envellecer
Carla Estévez, Eu en ti
Iria Taboada, Envellecer
Icía Álvarez, Chove en Santiago
Paula Domíguez, O lóxico
Nerea Villamarín, Envellecer
Laura Alonso, A natureza
Nacho Medina, A pobreza
Ainoa Sánchez, Eu en ti


Nerea Vázquez, Envellecer
Adrián Mogrovejo, Daquelas que cantan as pombas e as flores



Nuria Estévez, Envellecer

MOITAS GRAZAS!!!

12/05/20

LETRAS GALEGAS

 

 

 

Avanzamos pasesiño cara a unha nova normalidade, no mes das Letras Galegas. Se queres saber quen foron os escritores e escritoras festexadas desde 1963 ata hoxe, preme aquí👉 FIGURAS HOMENAXEADAS NAS LETRAS GALEGAS

Este ano correspóndelle a honra ao 👉 PROFESOR RICARDO CARVALHO CALERO, primeiro catedrático de lingua e literatura galega na Universidade de Compostela e ideólogo da liña reintegradora do galego e o portugués. Hai unha proposta para que a homenaxe se prorrogue durante o 21, a ver que decisión toma a RAG.

Nestas ligazóns tes información e actividades sobre C. Calero. 

ANÍMATE A XOGAR!!!

 

 

ENQUISA LETRAS GALEGAS. IES O RIBEIRO 💪 

 

 

PREGUNTOIRO MUSICAL. CEIP Frei Luís de Granada. Sarria

 

ESCAPE ROOM FACILIÑO. "O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero" 
 

ESCAPE ROOM. NIVEL MEDIO. Patricia Sánchez Lamas


TELEXORNAL Carballo Calero. CEIP Dos Dices, Rois 



IES Concepción Arenal Ferrol. TRES VIDEOPOEMAS 



XOGO RIDARDOS. Seminario Galán 


LIÑA DO TEMPO. CEIP A Ponte, Lugo 



IES ARZÚA 2. CARBALLO CALERO 

Os dinamiteiros animámoste a vivires en galego. 
Naturalmente!!💧



01/05/20

MAIO













Entramos no mes de maio, aínda confinad@s!!😷 Pero xa vai quedando menos. Podedes marcar, se premedes e descargades sobre nome do mes, a vosa volta, con moita precaución ao mundo exterior a partir do día dous.
Os dinamiteiros querémosvos felicitar,💝 porque @s alumn@s do Ribeiro estades sendo uns auténtic@s campioas e campións, traballando desde as casas💪 con moita madureza. 
Estamos orgullosos de vós!!👏👏👏
GRAZAS 😍

 As imaxes tan bonitas que ilustran o mes fixéronas Ángela Bruquet e Ana Sánchez 

                                              MAIO





01/04/20

ABRIL (PANDÉMICO)








Segue pasando o tempo, pero este curso xa non vai ser o mesmo. Estamos vivindo moitos cambios, forzados por unha causa maior, para coidarnos e protexernos, a nós e aos nosos maiores.   Seguro que aprendendo de nós e deles. 
Alguén comparou a pandemia do coronavirus coa propagación dun incendio forestal. Pois ben, doutra cousa no Ribeiro non saberemos, saberedes, pero de extinguir incendios...

Así que moito ánimo, afouteza, 💪e quedando na casa conseguiremos extinguir este virus💜👪😘

Esta evocativa imaxe de Martín Neira, 
Relanzo no Avia, 
ten que servirnos de estímulo. 
Ánimo, compañeiros!!  

23/03/20

"GOMESENDE ESMORECIDO". VIDEORRELATO QUE CASE CHEGA Á FINAL DE LINGUA RODADA









@s dinamiteiros atacamos desde a casa💪, levando co mellor ánimo posible este confinamento e traémosvos un entretemento nestes días de incertidume...😷

Como sabedes, Saudade, o videorrelato que fixeron Clara, Paula, Fayna e Nerea, de 1º Bac C pasou á final de Lingua Rodada.


Pero o que fixeron as súas compañeiras e compañeiros Aldara, Vanesa, Iago e Pablo Antonio,  GOMESENDE ESMORECIDO, quedou, como nos dixeron os membros do xurado, ás portas de logralo.

Velaquí o tedes.... COIDÁDEVOS MOITO!!! 💓



Hai futuro no audiovisual galego !!! 💪😜

 e... por que non, DE RIBADAVIA, A CANS!!! 😎

12/03/20

'MASTER CLASS' DE CINE DE LINGUA RODADA










O CINEASTA RUBÉN RIÓS e a ESCRITORA MARÍA CANOSA impartíronlles unha clase maxistral de cine aos alumn@s de 1º de bacharelato artístico.

A razón? Que o vídeo Saudade que fixeron catro delas (Clara, Fayna, Paula e Nerea) pasou á final do certame.

O obxectivo? Orientalas na preparación do vídeo  que deben filmar para a gran final.

Rubén Riós (á dereita da imaxe) falou da parte audiovisual da creación cinematográfica. Vimos a súa curta Adeus Edrada? e Mamá Asunción, de Chano Piñeiro. Rubén analizounas co grupo
 
A escritora María Canosa deunos claves para integrar o texto escrito na linguaxe cinematográfica
 
Nerea, Fayna, Rubén Riós, María Canosa, Clara e Paula

O grupo rematou moi satisfeito a formación
 
Fluíu a comunicación e ferveron ideas!!!

E xa postos, de Ribadavia a Cans!!!