03/03/23

MÁIS RECURSOS SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NAS LETRAS GALEGAS 

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas


O PORTAL DA LINGUA GALEGA DISPÓN DUN NOVO ESPAZO ADICADO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.CLIKA NO ENLACE PARA PODER VELO.

02/03/23

Enlace autor homenaxeado día das letras galegas. 


XA COMEZAN AS HOMENAXES A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO,O AUTOR A QUEN ESTÁ ADICADO ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

PODEDES VER NESTE ENLACE A INFORMACIÓN DA REAL ACADEMIA GALEGA SOBRE A SÚA VIDA E OBRA.

14/02/23

O  DIA DA PAZ NO IES O RIBEIRO


Pasou do día da paz,e no IES O Ribeiro,non se quixo pasar por alto esta data tan importante.O profesorado de plástica puxo a traballar ao seu alumnado para que tanto nos corredores da entrada,como nas escaleiras,quedase constancia da importancia da vida e da convivencia de forma pacífica.Por iso,as palabras e frases que animan a vivir con ilusión e a axudar aos demais,formaron parte do decorado destes lugared durante uns días.






















COMEZAMOS UN NOVO CURSO 

 

O CURSO 2022-2023 XA ESTÁ EN MARCHA. NOVOS PROXECTOS, NOVAS ILUSIÓNS,UNHA NOVA LEI EN MARCHA,PERO CON GANAS DE TRABALLAR A PROL DA NOSA LINGUA.

16/06/22

 A XUNTA APOIA CUN VIDEO A CANDIDATURA DE ÁNGEL CARRACEDO.


ENLACE AO VIDEO E Á NOTICIA COMPLETA

VELAQUÍ O TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DO IES O RIBEIRO.UNHA XOIA.

Unha fermosa curtametraxe realizada polo IES O RIBEIRO DE RIBADAVIA,CO APOIO DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, DÁNOS A COÑECER O LABOR A PROL DA LECTURA QUE REALIZAN RAPAZAS COMA IRENE, A PROTAGONISTA .

 ENLACE AO VIDEO E Á NOTICIA COMPLETA.


https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/audiovisuais-e-musica/_/contido_1807/curtaema-voz-das-nosasem

15/06/22

CONCURSO INTERNACIONAL DE PODCAST


 Damos os parabéns a un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO A que resultou finalista no Concurso Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos” co podcast que realizaron na clase de lingua galega e literatura. O podcast de David, Laura, Lorena, Oier e Xoel leva o nome de “Informando sobre Florencio” e trata sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

O IES Rosalía de Castro, organizador do concurso, invítanos a participar no acto de entrega de premios que se levará a cabo este venres 3 de xuño en Santiago de Compostela. Esperemos que haxa sorte! Mentres tanto, podedes escoitar aquí os podcasts.

Grupo Dairon 

Grupo Hugo 

Grupo Naiara 

Grupo Uxía 

Grupo Xoel 




O alumnado de 4º ESO A acudiu o venres 3 de xuño ao acto de entrega de premios do Certame Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”,que se desenvolveu no IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Os alumnos e alumnas de 4º ESO traballaron durante o curso nuns podcasts sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán, que presentamos a este concurso. Para a ledicia de todos, o grupo de David Araújo, Laura Negreira, Lorena Rodríguez, Oier Galán e Xoel González quedou finalista.

Non puidemos gañar, mais para nós xa foi unha celebración sermos finalistas e acudirmos ao acto. Este estivo amenizado por un regueifeiro e polas actuacións dos podcasts gañadores. Os nosos alumnos e alumnas recibiron o seu premio de finalistas, unha figura realizada pola EASD Mestre Mateo, un diploma e un lote de libros. Parabéns ao noso alumnado polo seu traballo!