O alumnado de 4º da ESO participou nun obradoiro para dar a coñecer o labor de dúas mulleres científicas galegas:ISABEL ZENDAL E ÁNGELES ALVARIÑO.
Este
obradoiro pretende dar a coñecer as expedicións que realizaron dúas
mulleres científicas galegas Isabel Zendal Gómez e Ánxeles
Alvariño González. Comenzaremos explicando a súa biografía e coa
realización de varios experimentos científicos abordaremos
conceptos de microbioloxía e inmunoloxía.
No
caso de Isabel Zendal , falaremos do seu traballo como coidadora e
enfermeira dos 22 nenos expósitos a bordo do Maria Pita que zarparon
dende a Coruña para cruzar o Atlántico e levar a vacina in vivo da
variola . Neste apartado a través dunha serie de bonecos e pelotas
con forma de células e microorganismos, faise un simulacro de ataque
dos virus e das bacterias para que visualicen a activación de
producción de glóbulos brancos e anticorpos ( facendo mención
á importancia dun estilo de vida saudable que inclúa dieta rica en
froita , verduras ,peixe e moito deporte para aumentar as nosas
defensas ).
Para
explicar en que consiste unha vacina e un test de anticorpos ,
faremos un experimento de cromatografía caseiro usando papel de
filtro de café ,alcohol de 96 e tinta de rotuladores para que poidan
comprender por que ascenden as moléculas por capilaridade en función
do seu peso e polaridade.
No
caso de Ánxeles Albariño, descubridora de especies de organismos e
microorganismos acuáticos falaremos das suas expedicións e dos seus
aportes no ámbito da oceanografía,abordando o mundo microscópico
dos protozoos e as bacterias coa estampación dun algodón mollado
con auga dunha poza, nun medio de cultivo caseiro. Este medio de
crecimento está composto dunha pastilla de caldo de polo, azucre e
agar agar .
Con
este experimento de cultivo bacteriano caseiro, tamén abordaremos a
importancia da hixiene bucal diaria, o cepillado dos dentes para
evitar as caries que producen as bacterias e a limpeza e correcta
hixiene das máscaras que levamos como consecuencia da
Covid19,estampando unha máscara usada noutro caldo de cultivo de
agar agar.
E
por último faremos un experimento para visualizar o que está a
acontecer nas conchas dos moluscos debido ao aumento do CO2 na
atmosfera e a acidificación da auga nos océanos,empregando tizas,
auga , vinagre e zume de limón.
O
obxectivo destes obradoiros é dar visibilidade e recoñecemento a
través dos experimentos científicos a estas dúas mulleres
Científicas e Galegas en Galicia , posto que os seus descubrimentos
e expedicións son un exemplo de constancia, traballo e filantropía,
que son valores que de maneira transversal xunto coa educación en
igualdade entre homes e mulleres,educación en saúde e educación
polo medio ambiente preténdense potenciar neste obradoiro.