O alumnado de 4º da ESO participou nun obradoiro para dar a coñecer o labor de dúas mulleres científicas galegas:ISABEL ZENDAL E ÁNGELES ALVARIÑO.
Este obradoiro pretende dar a coñecer as expedicións que realizaron dúas mulleres científicas galegas Isabel Zendal Gómez e Ánxeles Alvariño González. Comenzaremos explicando a súa biografía e coa realización de varios experimentos científicos abordaremos conceptos de microbioloxía e inmunoloxía.
No caso de Isabel Zendal , falaremos do seu traballo como coidadora e enfermeira dos 22 nenos expósitos a bordo do Maria Pita que zarparon dende a Coruña para cruzar o Atlántico e levar a vacina in vivo da variola . Neste apartado a través dunha serie de bonecos e pelotas con forma de células e microorganismos, faise un simulacro de ataque dos virus e das bacterias para que visualicen a activación de producción de glóbulos brancos e anticorpos ( facendo mención á importancia dun estilo de vida saudable que inclúa dieta rica en froita , verduras ,peixe e moito deporte para aumentar as nosas defensas ).
Para explicar en que consiste unha vacina e un test de anticorpos , faremos un experimento de cromatografía caseiro usando papel de filtro de café ,alcohol de 96 e tinta de rotuladores para que poidan comprender por que ascenden as moléculas por capilaridade en función do seu peso e polaridade.
No caso de Ánxeles Albariño, descubridora de especies de organismos e microorganismos acuáticos falaremos das suas expedicións e dos seus aportes no ámbito da oceanografía,abordando o mundo microscópico dos protozoos e as bacterias coa estampación dun algodón mollado con auga dunha poza, nun medio de cultivo caseiro. Este medio de crecimento está composto dunha pastilla de caldo de polo, azucre e agar agar .
Con este experimento de cultivo bacteriano caseiro, tamén abordaremos a importancia da hixiene bucal diaria, o cepillado dos dentes para evitar as caries que producen as bacterias e a limpeza e correcta hixiene das máscaras que levamos como consecuencia da Covid19,estampando unha máscara usada noutro caldo de cultivo de agar agar.
E por último faremos un experimento para visualizar o que está a acontecer nas conchas dos moluscos debido ao aumento do CO2 na atmosfera e a acidificación da auga nos océanos,empregando tizas, auga , vinagre e zume de limón.
O obxectivo destes obradoiros é dar visibilidade e recoñecemento a través dos experimentos científicos a estas dúas mulleres Científicas e Galegas en Galicia , posto que os seus descubrimentos e expedicións son un exemplo de constancia, traballo e filantropía, que son valores que de maneira transversal xunto coa educación en igualdade entre homes e mulleres,educación en saúde e educación polo medio ambiente preténdense potenciar neste obradoiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario