29/04/25

Ciclo de cinema

O último día de clase antes das vacacións, o venres 11 de abril, organizamos un ciclo de cinema para o alumnado de 4º ESO. Os rapaces e rapazas puideron escoller entre catro películas: A Esmorga, O lapis do carpinteiro, Cuñados e Eroski Paraíso. Ademais, despois do visionado, cada persoa cubriu unha valoración sobre a cinta que viu. Foi unha experiencia marabillosa que repetiremos seguro!




10/03/25

8M

Un ano máis conmemoramos o 8M no IES O Ribeiro. Este ano cun mural das irmás Touza realizado polo alumnado de Artes, traballos sobre mulleres pioneiras e marca páxinas na biblio con "Mulleres que marcan". Aquí podedes ver varias fotos dos traballos realizados, así como da concentración impulsada polo alumnado de Artes Escénicas de 2º BACH. A igualdade no Ribeiro é o primeiro!












06/03/25

Entroido

Nas dúas últimas horas do venres 28, celebramos un concurso de disfraces no salón de actos do noso centro. Tamén repartimos premios ás máscaras realizadas polo alumnado de EPVA. E, por suposto, houbo actuación de Fuscalla!






26/02/25

Visita de Paula Carballeira

Onte, 25 de febreiro, tivemos o pracer inmenso de que nos visitara Paula Carballeira no noso instituto. Asistimos a unha fabulosa sesión de contos e puidemos falar con ela sobre algún dos seus libros. De público estivo o alumnado de 2º ESO, que leu Hai quen escolle os camiños máis longos; o alumnado do club de lectura de 1º ESO, que leu Wombo Combo e o alumnado de Artes Escénicas de 2º BACH. Foi unha experiencia fantástica que esperamos que se repita!!!












21/02/25

Día de Rosalía

Este ano, o 23 de febreiro, celebrámolo enchendo o recibidor e a biblioteca con figuras de Rosalía en papel feitas polo alumnado. Nas fotos podedes ver o proceso e o resultado do noso traballo. Ademais, convocamos, por segundo ano, o concurso de poesía e videopoesía. Animádevos a participar!!!
















02/02/25

Candeloria

Xa está aquí a Candeloria! Isto significa que xa pasamos a metade do inverno, os días comezan a medrar e a natureza comeza a prepararse para a primavera. Ademais disto, é o momento en que casan os paxaros. Aproveitamos así o 2 de febreiro para celebrar o amor e fixémolo cunhas cartas, que podedes ver nestas imaxes, elaboradas polo alumnado de 1º ESO. Unha fermosura!





23/12/24

Xa é Nadal!

Este ano polo Nadal, ademais de facer o noso festival, decoramos o centro en galego e divulgamos a figura do Apalpador, como podedes ver nas fotografías. No festival tivemos varias actuacións musicais de varios cursos grazas ás profes de Música e dúas obras de teatro grazas ao alumnado de Artes Escénicas. Tamén repartimos os premios do concurso de debuxos e microrrelatos de Samaín e, finalmente, actuou Fuscalla!