29/11/24

25 N: escape room na biblioteca

Este ano polo 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, o EDLG e o Equipo de Biblioteca organizaron un escape room na biblio para 1º e 2º de ESO. O xogo consistía en salvar a unha rapaza, Xiana, dunha relación de violencia a través das pistas ocultas na biblioteca e superando os retos propostos. Aquí tedes unhas imaxes do escaoe room.









25/10/24

Premiadas no II Concurso de tradución

Esta semana demos os premios do II Concurso de tradución. As premiadas foron Adriana Rodríguez de 2º ESO A e Ana Blanco de 4º ESO A, acompañada polos seus compañeiros e compañeiras. Nas fotos podedes velas con seus premios. Para o ano haberá unha nova convocatoria e máis premios!





23/10/24

Orgullo Galego

 Esta semana tivemos o pracer de ter no noso centro a Borxa González, de Orgullo Galego. Veu a falarnos sobre o galego e as redes sociais e sobre a próxima festividade do Samaín. Como podedes ver nas fotografías, o alumnado desfrutou das súas charlas.
















22/10/24

Concurso de microrrelatos e debuxos de Samaín

Animádevos a participar un ano máis no concurso de microrrelatos e de debuxos de terror polo Samaín. Tedes de prazo ata o 29 de outubro. Haberá moitos premios!




01/10/24

II Concurso de tradución

Para conmemorarmos o Día da Tradución, o 30 de setembro, a Biblioteca e o EDLG do instituto convocan por segundo ano o Concurso de Tradución. Tedes ata o 10 de outubro para entregar os textos. Podedes pasar pola biblioteca ou preguntar ao profesorado de Lingua Galega. Animádevos a participar! Haberá premios!



20/09/24

Comezamos!

Comeza o curso e con el os ensaios de Fuscalla, o grupo de pandereteiras do IES O Ribeiro. Anímate a aprender a tocar a pandeireta, cantar e pasar un bo rato. Esperámoste o xoves 26 de setembro na aula de música!



23/05/24

Letras Galegas 2024

Como sabedes, este ano as Letras Galegas están adicadas a Luísa Villalta. Para conmemorarmos esta data no instituto, celebramos un festival o luns 20 de maio pola tarde. Nel tivemos varias actuacións musicais do noso alumnado, así como a das pandereteiras da Istoria de Ribadavia, que cantaron algunha peza co noso grupo de pandereteiras Fuscalla. Tamén puidemos ver videopoemas, lendas e outros traballos do noso alumnado. Podedes ver aquí algunhas fotos do acto. Ademais disto, colocamos a exposición de Luísa Villalta e algúns traballos do alumnado sobre ela.