Animádevos a participar un ano máis no concurso de microrrelatos e de debuxos de terror polo Samaín. Tedes de prazo ata o 29 de outubro. Haberá moitos premios!
22/10/24
01/10/24
II Concurso de tradución
20/09/24
Comezamos!
Comeza o curso e con el os ensaios de Fuscalla, o grupo de pandereteiras do IES O Ribeiro. Anímate a aprender a tocar a pandeireta, cantar e pasar un bo rato. Esperámoste o xoves 26 de setembro na aula de música!
23/05/24
Letras Galegas 2024
Como sabedes, este ano as Letras Galegas están adicadas a Luísa Villalta. Para conmemorarmos esta data no instituto, celebramos un festival o luns 20 de maio pola tarde. Nel tivemos varias actuacións musicais do noso alumnado, así como a das pandereteiras da Istoria de Ribadavia, que cantaron algunha peza co noso grupo de pandereteiras Fuscalla. Tamén puidemos ver videopoemas, lendas e outros traballos do noso alumnado. Podedes ver aquí algunhas fotos do acto. Ademais disto, colocamos a exposición de Luísa Villalta e algúns traballos do alumnado sobre ela.
23/04/24
Visita a Celanova
A semana pasada o alumnado de 1º de Bacharelato disfrutou da vila de Celanova nun día solleiro. En primeiro lugar, puidemos visitar a Casa dos Poetas, onde o alumnado de Artes Escénicas recitou algún poema de Curros Enríquez. Continuamos co mosteiro de San Salvador e, xa pola tarde, chegamos a Vilanova dos Infantes. Tamén nos marabillamos coa biblioteca do IES de Celanova onde demos lectura a varios poemas de Celso Emilio Ferreiro acompañados polo piano a mans do noso alumno Xoel. Todo isto acompañados dunhas guías estupendas. Aquí podedes ver algunha fotografías desta marabillosa xornada.
12/04/24
Entrega de premios do Día de Rosalía
01/03/24
Día de Rosalía
Como sabedes, o pasado venres 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. Este ano no IES O Ribeiro convocamos un concurso de poesía sobre a figura e a obra da nosa autora máis ilustre. Ademais disto, expuxemos todos os poemas na entrada e nos corredores do instituto. Aquí vos deixamos algunha fotografías e, dentro de nada, publicaremos os nomes das persoas gañadoras.




























