01/10/24

II Concurso de tradución

Para conmemorarmos o Día da Tradución, o 30 de setembro, a Biblioteca e o EDLG do instituto convocan por segundo ano o Concurso de Tradución. Tedes ata o 10 de outubro para entregar os textos. Podedes pasar pola biblioteca ou preguntar ao profesorado de Lingua Galega. Animádevos a participar! Haberá premios!



20/09/24

Comezamos!

Comeza o curso e con el os ensaios de Fuscalla, o grupo de pandereteiras do IES O Ribeiro. Anímate a aprender a tocar a pandeireta, cantar e pasar un bo rato. Esperámoste o xoves 26 de setembro na aula de música!



23/05/24

Letras Galegas 2024

Como sabedes, este ano as Letras Galegas están adicadas a Luísa Villalta. Para conmemorarmos esta data no instituto, celebramos un festival o luns 20 de maio pola tarde. Nel tivemos varias actuacións musicais do noso alumnado, así como a das pandereteiras da Istoria de Ribadavia, que cantaron algunha peza co noso grupo de pandereteiras Fuscalla. Tamén puidemos ver videopoemas, lendas e outros traballos do noso alumnado. Podedes ver aquí algunhas fotos do acto. Ademais disto, colocamos a exposición de Luísa Villalta e algúns traballos do alumnado sobre ela.











23/04/24

Visita a Celanova

A semana pasada o alumnado de 1º de Bacharelato disfrutou da vila de Celanova nun día solleiro. En primeiro lugar, puidemos visitar a Casa dos Poetas, onde o alumnado de Artes Escénicas recitou algún poema de Curros Enríquez. Continuamos co mosteiro de San Salvador e, xa pola tarde, chegamos a Vilanova dos Infantes. Tamén nos marabillamos coa biblioteca do IES de Celanova onde demos lectura a varios poemas de Celso Emilio Ferreiro acompañados polo piano a mans do noso alumno Xoel. Todo isto acompañados dunhas guías estupendas. Aquí podedes ver algunha fotografías desta marabillosa xornada.




















12/04/24

Entrega de premios do Día de Rosalía

Como sabedes, polo Día de Rosalía convocamos un concurso de poesía sobre a autora. Houbo moita participación e enchemos os corredores do centro con poesía sobre a nosa autora. Demos catro premios, un en cada curso da ESO que recaeron en: Antía Vaamonde (1º ESO A), Rui Fernández (2º ESO A), Iker Sánchez (3º ESO B) e Xoel López (4º ESO C). Aquí podedes ver os premiados xunto cos seus compañeiros e os agasallos que recibiron.














01/03/24

Día de Rosalía

Como sabedes, o pasado venres 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. Este ano no IES O Ribeiro convocamos un concurso de poesía sobre a figura e a obra da nosa autora máis ilustre. Ademais disto, expuxemos todos os poemas na entrada e nos corredores do instituto. Aquí vos deixamos algunha fotografías e, dentro de nada, publicaremos os nomes das persoas gañadoras.











28/02/24

No Ribeiro tamén se fala!

Seguimos coa campaña Aquí tamén se fala galego e xa imos por case 100 carteis colocados por toda a comarca do Ribeiro. Ademais de subir todas as fotos ao Instagram, elaboramos unha exposición no centro con elas. Deixámosvos aquí máis fotografías e tamén as fotos da exposición no instituto. Grazas a todos os establecementos que están a colaborar e ao noso alumnado!

Lembrade seguirnos en Instagram: @edl_ies_oribeiro

Farmacia de Barbantes, Cenlle

Carnicería de Melón

Bar A Orens pola vella, Arnoia

Kaizen Karate Academy, Ribadavia

Bar Rogelio, Ribadavia

Restaurante Rebusca, Ribadavia

Restaurante Caracas, Ribadavia

Viños e tapas Jessye, Leiro

Casa do concello, Arnoia

Clínica veterinaria Ribeiro, Ribadavia

Ferretería Avenida, Ribadavia

Kebab Mitu, Ribadavia