Comeza o curso e con el os ensaios de Fuscalla, o grupo de pandereteiras do IES O Ribeiro. Anímate a aprender a tocar a pandeireta, cantar e pasar un bo rato. Esperámoste o xoves 26 de setembro na aula de música!
20/09/24
23/05/24
Letras Galegas 2024
Como sabedes, este ano as Letras Galegas están adicadas a Luísa Villalta. Para conmemorarmos esta data no instituto, celebramos un festival o luns 20 de maio pola tarde. Nel tivemos varias actuacións musicais do noso alumnado, así como a das pandereteiras da Istoria de Ribadavia, que cantaron algunha peza co noso grupo de pandereteiras Fuscalla. Tamén puidemos ver videopoemas, lendas e outros traballos do noso alumnado. Podedes ver aquí algunhas fotos do acto. Ademais disto, colocamos a exposición de Luísa Villalta e algúns traballos do alumnado sobre ela.
23/04/24
Visita a Celanova
A semana pasada o alumnado de 1º de Bacharelato disfrutou da vila de Celanova nun día solleiro. En primeiro lugar, puidemos visitar a Casa dos Poetas, onde o alumnado de Artes Escénicas recitou algún poema de Curros Enríquez. Continuamos co mosteiro de San Salvador e, xa pola tarde, chegamos a Vilanova dos Infantes. Tamén nos marabillamos coa biblioteca do IES de Celanova onde demos lectura a varios poemas de Celso Emilio Ferreiro acompañados polo piano a mans do noso alumno Xoel. Todo isto acompañados dunhas guías estupendas. Aquí podedes ver algunha fotografías desta marabillosa xornada.
12/04/24
Entrega de premios do Día de Rosalía
01/03/24
Día de Rosalía
Como sabedes, o pasado venres 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. Este ano no IES O Ribeiro convocamos un concurso de poesía sobre a figura e a obra da nosa autora máis ilustre. Ademais disto, expuxemos todos os poemas na entrada e nos corredores do instituto. Aquí vos deixamos algunha fotografías e, dentro de nada, publicaremos os nomes das persoas gañadoras.
28/02/24
No Ribeiro tamén se fala!
Lembrade seguirnos en Instagram: @edl_ies_oribeiro
![]() |
| Farmacia de Barbantes, Cenlle |
![]() |
| Carnicería de Melón |
![]() |
| Bar A Orens pola vella, Arnoia |
![]() |
| Kaizen Karate Academy, Ribadavia |
![]() |
| Bar Rogelio, Ribadavia |
![]() |
| Restaurante Rebusca, Ribadavia |
![]() |
| Restaurante Caracas, Ribadavia |
![]() |
| Viños e tapas Jessye, Leiro |
![]() |
| Casa do concello, Arnoia |
![]() |
| Clínica veterinaria Ribeiro, Ribadavia |
![]() |
| Ferretería Avenida, Ribadavia |
![]() |
| Kebab Mitu, Ribadavia |
07/02/24
RadiOmix
A radio RadiOmix da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia convidou ás nosas compañeiras María Curros, Noemia Garrido e María Valcárcel a charlar sobre as actividades que leva a cabo o EDLG do noso centro. Concretamente, falaron do concurso de microrrelatos de terror polo Samaín. Ademais, aproveitaron tamén para conversar sobre o labor dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega nos centros de ensino e sobre a situación do galego no instituto. Agradecemos a Manuel e a David o seu convite!
Deixamos aquí o enlace ao programa na plataforma Ivoox.
https://go.ivoox.com/rf/123788096



































.jpeg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)




