A semana pasada o alumnado de 1º de Bacharelato disfrutou da vila de Celanova nun día solleiro. En primeiro lugar, puidemos visitar a Casa dos Poetas, onde o alumnado de Artes Escénicas recitou algún poema de Curros Enríquez. Continuamos co mosteiro de San Salvador e, xa pola tarde, chegamos a Vilanova dos Infantes. Tamén nos marabillamos coa biblioteca do IES de Celanova onde demos lectura a varios poemas de Celso Emilio Ferreiro acompañados polo piano a mans do noso alumno Xoel. Todo isto acompañados dunhas guías estupendas. Aquí podedes ver algunha fotografías desta marabillosa xornada.
23/04/24
12/04/24
Entrega de premios do Día de Rosalía
01/03/24
Día de Rosalía
Como sabedes, o pasado venres 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. Este ano no IES O Ribeiro convocamos un concurso de poesía sobre a figura e a obra da nosa autora máis ilustre. Ademais disto, expuxemos todos os poemas na entrada e nos corredores do instituto. Aquí vos deixamos algunha fotografías e, dentro de nada, publicaremos os nomes das persoas gañadoras.
28/02/24
No Ribeiro tamén se fala!
Lembrade seguirnos en Instagram: @edl_ies_oribeiro
![]() |
| Farmacia de Barbantes, Cenlle |
![]() |
| Carnicería de Melón |
![]() |
| Bar A Orens pola vella, Arnoia |
![]() |
| Kaizen Karate Academy, Ribadavia |
![]() |
| Bar Rogelio, Ribadavia |
![]() |
| Restaurante Rebusca, Ribadavia |
![]() |
| Restaurante Caracas, Ribadavia |
![]() |
| Viños e tapas Jessye, Leiro |
![]() |
| Casa do concello, Arnoia |
![]() |
| Clínica veterinaria Ribeiro, Ribadavia |
![]() |
| Ferretería Avenida, Ribadavia |
![]() |
| Kebab Mitu, Ribadavia |
07/02/24
RadiOmix
A radio RadiOmix da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia convidou ás nosas compañeiras María Curros, Noemia Garrido e María Valcárcel a charlar sobre as actividades que leva a cabo o EDLG do noso centro. Concretamente, falaron do concurso de microrrelatos de terror polo Samaín. Ademais, aproveitaron tamén para conversar sobre o labor dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega nos centros de ensino e sobre a situación do galego no instituto. Agradecemos a Manuel e a David o seu convite!
Deixamos aquí o enlace ao programa na plataforma Ivoox.
https://go.ivoox.com/rf/123788096
24/01/24
No Ribeiro tamén se fala galego!
![]() |
| Alimentación San Martiño, Castrelo de Miño |
![]() |
| Droguería Miguélez, Ribadavia |
![]() |
| Xulgado de 1ª instancia núm. 4, Ourense |
![]() |
| Bar Industrial, Arnoia |
![]() |
| Carnicería Mincho, Francelos |
![]() |
| Mesón O mosteiro, San Clodio |
18/01/24
Concurso de microrrelatos de terror
No último día de clase antes do Nadal, aproveitamos o festival para facer a entrega de premios do concurso de microrrelatos de terror. Ademais disto, entregáronse os premios do concurso de debuxos, houbo unha actuación do grupo de pandeiretas "Fuscalla" e unha estupenda representación do grupo de Artes Escénicas.
Os gañadores do concurso de microrrelatos foron: Marina Cabrera Vives, alumna de 6º de EP no CEIP Castrelo de Miño; Sara Asorey Díaz, alumna de 2º ESO; e David Cabral, alumno da ESA. Grazas á colaboración deste último, gravamos os microrrelatos gañadores en podcast coas voces do alumnado de Artes Escénicas. Aquí vos deixamos os audios para que poidades escoitalos.


























.jpeg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)








.jpg)
.jpg)


