22/05/22















AS LETRAS GALEGAS NO IES O RIBEIRO


Como non podía ser doutra forma,o IES O Ribeiro quixo participar tamén na conmemoración do escritor homenaxeado este ano,Florencio Delgado Gurriarán,e fíxoo de varias formas:

-Cunha exposición de poemas visiuais por parte do alumnado de plástica,que se expoñen de forma temporal na entrada do instituto.

-O alumnado de 1º ESO D e de 4º da ESO fixo unhas ilustracións no ordenador con poemas do escritor homenaxeado, que tamén son expostas na entrada do instituto.

-Presentación do libro do escritor Xosé Antonio Perozo,  Florencio Delgado Gurriarán fronte á exaltación da natureza,por parte do propio escritor, quen respondeu ás preguntas que lle fixo o alumnado, así como do vicepresidente da Deputación César Fernández.



20/05/22

RECEITAS PARA LARPEIROS.

RECEITAS PARA LARPEIROS.

 ANIMÁDEVOS A BOTARLLE UNHA OLLADA AO RECETARIO QUE FIXO O ALUMNADO DE 4º DA ESO DA MAN DA SÚA PROFESORA MARÍA VALCARCEL.TAMÉN PODEDES FACER ALGUNHA SE QUEREDES

RECEITAS TODAS

07/04/22

VISITA AO IES O RIBEIRO DA ESCRITORA ANDREA MACEIRA.

 A escritora Andrea Maceira visitou onte o noso instituto para falar da súa novela Europa Express,coa que gañou o premio Jules Verne,e que tiñan como lectorua obrigatoria o alumnado de 4º da ESO.

Como presentación da súa exposición, e para facer interactuar ao alumnado, a escritora creou unha historia paralela, ou un spin-off, a partir dun dos personaxes da novela, como se se tratase dunha segunda parte.

A partir de aí, o alumnado fíxolle preguntas sobre a novela e sobre a súa carreira, que resultaron moi interesantes para a escritora e para o público.

Tamén asistiu á charla o alumnado de 3º da ESO, que tamén leu outra das súas novelas: O que sei do silencio ,coa que quedou como finalista no ano 2018 do premio Raíña Lupa.Para rematar,Andrea Maceiras asinou os libros que o alumnado trouxera, e fixemos varias fotos con ela.

Foi unha visita moi frutífera e agradable, e contamos que teña a ben repetir para o curso que vén, pois o alumnado de 1º da ESO,tamén leu este ano outra das súas novelas: O segredo do lagarto arnal,publicado no ano 2012.