20/05/22
07/04/22
VISITA AO IES O RIBEIRO DA ESCRITORA ANDREA MACEIRA.
A escritora Andrea Maceira visitou onte o noso instituto para falar da súa novela Europa Express,coa que gañou o premio Jules Verne,e que tiñan como lectorua obrigatoria o alumnado de 4º da ESO.
Como presentación da súa exposición, e para facer interactuar ao alumnado, a escritora creou unha historia paralela, ou un spin-off, a partir dun dos personaxes da novela, como se se tratase dunha segunda parte.
A partir de aí, o alumnado fíxolle preguntas sobre a novela e sobre a súa carreira, que resultaron moi interesantes para a escritora e para o público.
Tamén asistiu á charla o alumnado de 3º da ESO, que tamén leu outra das súas novelas: O que sei do silencio ,coa que quedou como finalista no ano 2018 do premio Raíña Lupa.Para rematar,Andrea Maceiras asinou os libros que o alumnado trouxera, e fixemos varias fotos con ela.
Foi unha visita moi frutífera e agradable, e contamos que teña a ben repetir para o curso que vén, pois o alumnado de 1º da ESO,tamén leu este ano outra das súas novelas: O segredo do lagarto arnal,publicado no ano 2012.
24/03/22
O ALUMNADO DO IES O RIBEIRO HOMENAXEOU A ROSALÍA DE CASTRO NO SEU DÍA.
Pasou o día de
Rosalía neste 2022. No IES O Ribeiro quixemos facerlle unha pequena homenaxe na
biblioteca do centro e para iso, en coordinación do equipo da biblioteca, escollemos unha pequena selección de libros tanto da propia autora coma doutros
escritores que fixeron estudos e ensaios sobre ela e
sobre a súa obra.Os libros foron colocados nun dos andeis da biblioteca e
podíanse ver á entrada da mesma.
Por outra banda, o
alumnado de 1º de Bacharelato,4º,3º e 2º da ESO,leu unha selección de poemas da
escritora acordes co lema que este ano propuxo a Asociación de Escritores en
Lingua Galega: “Sementando pensamentos”.
Con estes
poemas,puidemos comprobar que o seu pensamento é, por unha banda, universal, e,
pola outra está moi de actualidade, a pesar de levar moitos anos escritos.
Ademais, unha alumna
de 2º Bach contribuiu cunha nota musical, interpretando un dos seus máis
coñecidos poemas:"Adeus ríos ,adeus fontes".
11/12/21
E O DÍA DA RODAXE, CHEGOU!!🎬🎥
Tras a formación recibida no IES a cargo de Rubén Riós e telemática, na casa, da man de Carolina, produtora de Claqueta Coqueta...
...O 7 de decembro, cando moitos estaban de 🌉 as alumnas de 2º de BAC de artes (Paula, Clara, Nerea e a ex alumna Fayna), gañadoras de Lingua Rodada 2020, traballaban arreo na CORUÑA, RODANDO cun equipo profesional o que será o primeiro episodio dunha serie de entrevistas, dirixidas por Rubén Riós, que teñen como elo condutor o 'empoderamento'💪 das mulleres novas galegas.
| Paula, Nerea, Clara, Fayna, A Coruña e as ondas do Atlántico |
peeeeero,
| Houbo que sacar e termar forte do paraugas. O vento sopra duro nas inmediacións da Torre de Hércules |
| O equipo diríxese á primeira localización VAI QUEDAR TAN TAN CHULO!!!!!😎 |





