02/11/21

PODCASTS - MÚSICA: "En clave O Ribeiro" / "Antienclave O RIBEIRO"

Ola!! Somos En Clave O Ribeiro e Antienclave O Ribeiro (para a música máis golfa).

Estamos a cursar a materia de música en 4º E.S.O., e decidimos crear o noso programa de radio para difundir todo tipo de música.

 Fai unha semana participamos nun concurso dos premios Martín Códax, o que implicou que fixeramos o noso primeiro podcast e querémosvos achegar a nosa experiencia.

 Todo foi feito con moita ilusión e a contra reloxo, aínda así estamos moi orgullosos e orgullosas do noso resultado e de ter chegado a tempo a data límite traballando como grupo.

 Os dous grupos musicais que escollemos para este traballo foron: Brais Morán (un músico ourensán que fai blues e soul en galego) e The Skarnivals (un grupo de Bueu que fai ska, punk e folk galego). 


Subide o volume dos vosos reproductores e desfrutade da música galega e do noso primeiro programa!!


🎵 Podcast1-BraisMorán🎵

🎵 Podcast2-The Skarnivals 🎵

   
Saúdos músico-dinamiteiros!        
                

01/11/21

QUEN DIXO MEDO????

A SANTA COMPAÑA PASEOUSE POLOS CORREDORES DO IES O RIBEIRO.VELAQUÍ UNHA MOSTRA:




 

O PASADO DÍA 24 DE OUTUBRO CONMEMOROUSE O DÍA DAS BIBLIOTECAS.NO IES O RIBEIRO, FIXÉRONSE ALGUNHAS ACTIVIDADES DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO.


 

19/10/21

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR O DÍA DA ESCRITORA:

 

Este luns, día 17 de outubro celebrouse o día da escritora.Con tal motivo, a biblioteca do centro fixo unha pequena exposición sobre o tema na planta baixa, na propia biblio,ademais ,na entrada hai unha proposta de títulos escritos por mulleres.Ademais, nun dos títulos  ofertados hai un premio para animar ao alumnado a ler.






 




8 OUTUBRO - DÍA DA CIENCIA EN GALICIA: EXPOSICIÓN DE INVENTOS GALEGOS

 

A Real Academia Galega de Ciencias celebra o 8 de outubro o Día da Ciencia en Galicia. Este ano 2021, está dedicado a Jimena Fernández de la Vega, profesora e pioneira da xenética médica en España. Para saber máis sobre esta conmemoración podemos visitar a publicación na páxina da RAGC (https://www.ragc.gal/gl/o-dia-da-ciencia-en-galicia-celebrase-mana-venres-8-de-outubro-cun-acto-central-no-salon-nobre-de-fonseca-de-santiago-dedicado-a-figura-de-jimena-fernandez-de-la-vega/).

Dende o IES O Ribeiro quixemos contribuír ao coñecemento e divulgación da ciencia galega cun traballo de investigación. O alumnado de 4º ESO de Tecnoloxía realizou uns carteis sobre inventores galegos e un análise técnico dos seus inventos. O futbolín, a precursora da calculadora, o submarino boia e o proxector de cine en cor son algúns dos moitos exemplo do enxeño da nosa terra.

Os carteis estarán expostos dende hoxe no corredor da primeira planta. Aquí amosamos algún deles:

 

 


 

 

07/10/21

 XA METIDOS NA VORÁXINE DO CURSO, O MES DE OUTONO TAMÉN VAI  PASENIÑO DEIXÁNDONOS,DE MOMENTO, UN TEMPO CÁLIDO E AGRADABLE.

Celebramos varios días internacionais.Cómpre recordar algúns:

 👉4 de outubro: DÍA DO HÁBITAT E DOS ANIMAIS.

👉9 de outubro: DÍA DA SAÚDE MENTAL. 

👉12 de outubro:DÍA DA REDUCIÓN DOS DESASTRES NATURAIS.

👉 16 de outubro:DÍA DA ALIMENTACIÓN

👉17 de outubro:DÍA DA POBREZA.

04/10/21

 

BOTA A ANDAR UN NOVO CURSO ESCOLAR,E TAMÉN O BLOG DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES O RIBEIRO.

Ben é certo que xa levamos dúas semanas de curso,pero o inicio do noso blog,tardou un pouquiño máis,pero comezou a dar os seus primeiros pasos.

Iniciamos un novo curso escolar, e facémolo con enerxías renovadas.Deixamos atrás un curso cheo de medos e incertidumes, por causa da COVID e, aínda que as máscaras e as fiestras abertas,nos indican que temos que seguir tendo coidado, xa forman parte da memoria as restricións do curso pasado grazas a que,tanto o alumnado coma o profesorado estamos xa vacinados,o cal nos dá moita tranquilidade.