23/03/20

"GOMESENDE ESMORECIDO". VIDEORRELATO QUE CASE CHEGA Á FINAL DE LINGUA RODADA









@s dinamiteiros atacamos desde a casa💪, levando co mellor ánimo posible este confinamento e traémosvos un entretemento nestes días de incertidume...😷

Como sabedes, Saudade, o videorrelato que fixeron Clara, Paula, Fayna e Nerea, de 1º Bac C pasou á final de Lingua Rodada.


Pero o que fixeron as súas compañeiras e compañeiros Aldara, Vanesa, Iago e Pablo Antonio,  GOMESENDE ESMORECIDO, quedou, como nos dixeron os membros do xurado, ás portas de logralo.

Velaquí o tedes.... COIDÁDEVOS MOITO!!! 💓



Hai futuro no audiovisual galego !!! 💪😜

 e... por que non, DE RIBADAVIA, A CANS!!! 😎

12/03/20

'MASTER CLASS' DE CINE DE LINGUA RODADA










O CINEASTA RUBÉN RIÓS e a ESCRITORA MARÍA CANOSA impartíronlles unha clase maxistral de cine aos alumn@s de 1º de bacharelato artístico.

A razón? Que o vídeo Saudade que fixeron catro delas (Clara, Fayna, Paula e Nerea) pasou á final do certame.

O obxectivo? Orientalas na preparación do vídeo  que deben filmar para a gran final.

Rubén Riós (á dereita da imaxe) falou da parte audiovisual da creación cinematográfica. Vimos a súa curta Adeus Edrada? e Mamá Asunción, de Chano Piñeiro. Rubén analizounas co grupo
 
A escritora María Canosa deunos claves para integrar o texto escrito na linguaxe cinematográfica
 
Nerea, Fayna, Rubén Riós, María Canosa, Clara e Paula

O grupo rematou moi satisfeito a formación
 
Fluíu a comunicación e ferveron ideas!!!

E xa postos, de Ribadavia a Cans!!!

10/03/20

FINALISTAS DE 'LINGUARODADA'










LINGUA RODADA é un concurso de vídeo-relatos promovido pola Dirección Xeral de Política Lingüística dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato. 
Consiste en facer vídeos baseados en breves relatos de 1'30", nos que o tema sexa a nosa fala, a xente, os nosos costumes, lendas, patrimonio...

No IES O Ribeiro participamos con dous vídeos que filmaron alumnos de 1º Bac C; o primeiro, Gomesende esmorecido, que fixeron Aldara, Pablo Antonio, Vanesa e Iago,  e o segundo, Saudade, traballo de Clara, Fayna, Paula e Nerea.

En canto poidamos, poñerémolos no blog para que os vexades.

Os dous estaban ben chulos e o xurado seleccionou Saudade!!

Agora son finalistas, xunto con outros dous centros (de Boiro e Narón). O traballo gañador irá ao festival de cine de Cans.

Clara, Nerea, Paula e Fayna. Toda a nosa enerxía positiva. De Ribadavia a Cans!!!


09/03/20

8 DE MARZO. PODEMOS FACELO!!!!









O curso vai pasando e sucédense as datas senlleiras que conmemorar. No departamento de debuxo mobilizáronnos, tanto ao alumnado coma o profesorado e persoal non docente, e convertéronnos en ROSIE, A REMACHADORA, protagonista da campaña da Westinhouse electric, que apelaba ás traballadoras desta fábrica norteamericana durante a segunda guerra mundial a manteren a moral durante a contenda.
Alumnado, profesorado, persoal non docente, tod@s podemos facelo!!

A paritr dos 80 o cartel foise convertedo en icona do feminismo

Seguro que algunhas destas Rosies che resultan coñecidas!😜


Mensaxe feminista positiva. Claro que no IES O RIBEIRO cremos no poder e valor da muller. PODEMOS FACELO!!!

29/02/20

EXPOSICIÓN DAS CÉLULAS










Nas últimas semanas de febreiro os alumn@s de 1º da ESO estudaron as células dun xeito diferente!!
Co resultado fixemos unha exposición.

Estas son células vexetais

Células Eucariotas vexetais

Máis células vexetais


E tamén fermosas células animais



células Eucariotas animais



















células procariotas



















A participación do alumnado superou todas as expectativas e houbo maquetas para todos os gustos e sensiblilidades.          




Xoan Martínez Puga, 
de 1º ESO B, propón unha procariota feita cunha pataca, garavanzos, escarvadentes... e pouco máis













Gabriel González Alejos, de 1ºESO B, buscou pola casa e atopou unha toalla, ideal para a membrana plasmática
















Ah! E recibimos a noraboa e parecéronlle impresionantes a un galego ilustre, D. Ángel Carracedo, catedrático de medicina na Universidade de Santiago de Compostela e experto en xenética.


Grazas, Eva, pola iniciativa de facerlle chegar as fotos. 

PARABÉNS a tod@s @s implicad@s!!!






































28/02/20

DÍA DE ROSALÍA


 





Pasou o entroido, e con el o luns 24 de febreiro,  DÍA DE ROSALÍA.  E nada máis voltar,

despois de xornadas de traballo nas aulas de EPV, @s alumn@s de Bacharelato e 3º de ESO

peitearon

vestiron

e maquillaron ducias de rostros e...


ROSALIZAMOS A ENTRADA DO RIBEIRO!! 

 
Todas estas Rosalías nos reciben e observan
183 anos e como campa!!

 Pola súa banda, os alumnos de música de 1º de BAC prepararon a partitura de Pascual Veiga sobre o poema Negra sombra. Este é o resultado

música e imaxe

Lemos o manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega, sobre o verso de Follas Novas, Errantes polo mundo









 E tamén lemos un fragmento d'As viudas dos vivos e as viudas dos mortos

Sabela de Martín regalounos a súa experiencia como ximnasta
Grazas a tod@s e GRAZAS, ROSALÍA!!!


 

CALENDARIO DE MARZO

 




Velaquí chegou o mes de marzo, case sen nos decatar, temos connosco a primavera. Recorda que hai unha data ben importante neste mes, o 8 de marzo 💜, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Esta preciosa foto é da exalumna Noa Martínez. Tes unha ligazón para descargalo.  MARZO