20/05/25

Letras Galegas

O luns 19 de maio celebramos as Letras Galegas no instituto cun estupendo festival presentado por Noelia e Miriam, alumnas de 3º ESO. Un ano máis, contamos coa visita das Pandereteiras da Istoria e houbo máis actuacións musicais como a das alumnas de 4º ESO e, por suposto, Fuscalla. O noso grupo de pandereteiras tamén leu un emotivo discurso na honra das cantareiras.

Ademais, puidemos ver diversos traballos en vídeo do noso alumnado como unha selección das cantigas recollidas no proxecto Colleiteir@s de cantigas ou os video poemas presentados ao concurso convocado polo EDLG xunto coa Biblioteca. Outorgamos varios premios neste concurso e, tamén, un premio no concurso de carteis das Letras Galegas. Podedes ver algúns dos vídeos das cantigas recollidas aquí.

Esperamos repetir o próximo curso. Longa vida ás nosas letras e á nosa lingua!















Ningún comentario:

Publicar un comentario